Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de marzo de 2018

    Un estudo recente sobre os hábitos de lectura dos euscaldúns conclúe que soamente un 22,9% dos enquisados le habitualmente en éuscaro, debido a, entre outros motivos, a falta de tempo ou a ausencia de contidos determinados.

    Fonte: El Diario Vasco

    16 de marzo de 2018

    O presidente de Macedonia, Gjorge Ivanov, rexeita por segunda vez asinar a lei que amplía o uso oficial da lingua albanesa, ratificada dúas veces polo Parlamento do país balcánico.

    Fonte: Radio Free Europe-Radio Liberty

    16 de marzo de 2018

    Diferentes iniciativas culturais porán en valor a lingua e cultura alemás no Brasil na Semana da Lingua Alemá, evento organizado polas embaixadas de Austria, Alemaña, Luxemburgo, Suíza e Bélxica.

    Fonte: Terra

    16 de marzo de 2018

    A Dirección Xeral de Política Lingüística anunciou a convocatoria de novas axudas dirixidas a accións de promoción do valenciano, ás que poderán acollerse concellos, mancomunidades e entidades locais da Comunidade Valenciana.

    Fonte: València Extra

    16 de marzo de 2018

    O volume Repensar Galicia. As Irmandades da Fala, coeditado polo Museo do Pobo Galego e a Xunta de Galicia, recompila as actas do simposio homónimo, celebrado en Santiago de Compostela do 17 ao 19 de novembro do ano 2016 como peche aos actos conmemorativos do Centenario das Irmandades da Fala.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    15 de marzo de 2018

    O axente podería recibir unha sanción de 16 días de suspensión de emprego e soldo por opoñerse a utilizar sempre o formulario dos atestados en catalán.

    Fonte: La Vanguardia

    15 de marzo de 2018

    A cantora galega Uxía gañou o Premio ao Mellor Álbum en Galego nos Premios MIN 2018 da Música Independente, co seu último disco, UXIA-O, dedicado ao poeta Uxío Novoneyra e apoiado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    15 de marzo de 2018

    O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) conmemorará neste 2018 os seus 25 anos en activo cun programa de actos que se desenvolverán de marzo a novembro na súa sede e que, por medio de cinco xornadas temáticas, darán a coñecer a súa historia, a transcendencia dos seus estudos lingüísticos e literarios e a súa centralidade no eido da investigación en humanidades, acreditada nos legados dos que é depositario.

    15 de marzo de 2018

    A Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 6 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    15 de marzo de 2018

    Co gallo do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno, a Xunta de Galicia -a través da Consellería de Cultura-, a Real Academia Galega (RAG) e o Consello da Cultura Galega (CCG), en colaboración coa CRTVG, deseñaron un amplo programa de actividades que abranguen iniciativas no eido literario, expositivo, deportivo, empresarial e musical, entre outros, dirixidas a todos os públicos.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder