O certame "Explícoche Matemáticas 2.0" chega á súa sétima edición e nel premiaranse vídeos en galego que traten un tema relacionado con esta ciencia co obxectivo de fomentar o uso desta lingua como medio de transmisión das matemáticas.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A iniciativa cidadá "Minority SafePack" que defende a salvagarda das minorías culturais e lingüísticas de Europa vai polo camiño de chegar ao millón de sinaturas para poder trasladar a súa causa á Comisión Europea.
Fonte: Galicia Confidencial
O Goberno da provincia canadense de Columbia Británica, na costa oeste do país, anunciou que destinará fondos públicos para a preservación e documentación das súas linguas indíxenas.
Fonte: The Tyee
A Dirección Xeral de Política Lingüística porá en marcha unha iniciativa de promoción do valenciano durante a semana de Fallas, na que un autobús percorrerá a comunidade para que os concellos e entidades de todo o territorio poidan unirse á campaña.
Fonte: La Vanguardia
O Seminario de Lexicografía da RAG finalizou a revisión e a actualización do léxico matemático para incorporar ao seu dicionario en liña, un labor realizado en colaboración con especialistas das tres universidades galegas, do Instituto Galego de Estatística e do ensino medio. En total, incluíronse 168 termos entre entradas novas, acepcións propias en entradas xa existentes e reelaboración de definicións e exemplos.
O xoves 15 de marzo de 2018 celebrarase a presentación oficial na Universidade de Oviedo do Dicionario Etimolóxico da Lingua Asturiana (DELLA), considerada a obra filolóxica de maior relevancia sobre o asturiano.
Fonte: El Economista
O Goberno da Rexión Administrativa Especial de Hong Kong acaba de baixar os estándares lingüísticos en lingua chinesa para facilitar o acceso a 22 tipos de postos de funcionariado público.
Fonte: Staffing Industry Analysts
Unicamente o 13 % das persoas en idade escolar ten o bielorruso como lingua de instrución en Bielorrusia e a presenza desta lingua no ensino continúa a diminuír en favor do ruso.
Fonte: Belarus Digest
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) amplían ata o día 29 de xuño o prazo para o envío de obras para concursar na cuarta edición do Premio Literario Nortear para a mocidade escritora.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na presentación do libro CD Cantos á natureza, un traballo que recolle dez dos derradeiros poemas de Xosé Neira Vilas, musicados e ilustrados por profesionais do máximo prestixio.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín
