A obra O tesouro acobillado e outros relatos de Ricardo Carballal Lafourcade, presentada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recolle toda a prosa de ficción do escritor lugués.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A obra O tesouro acobillado e outros relatos de Ricardo Carballal Lafourcade, presentada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recolle toda a prosa de ficción do escritor lugués.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Asemblea Xeral ordinaria da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) serviu para aprobar as liñas de acción para este ano 2018 e elixir unha nova Xunta Directiva.
Fonte: CTNL
Un estudo recente da Plataforma pola Lingua de Cataluña confirma que soamente 4 de cada 10 produtos de marca propia dos supermercados ofrecen a súa etiquetaxe en catalán. De feito, o 40 % dos produtos alimentarios presenta a etiquetaxe nesta lingua, porcentaxe que baixa a case o 30 % no caso de produtos non alimentarios.
Fonte: La Vanguardia
O Goberno de Navarra abriu unha nova convocatoria de axudas para levar a cabo actividades de promoción da lingua vasca na comunidade. As asociacións sen ánimo de lucro serán as principais beneficiarias, se ben os centros de traballo e as entidades privadas tamén teñen posibilidade de solicitalas.
Fonte: Noticias de Navarra
O Goberno do Xapón, a través da súa embaixada en Kuala Lumpur, destinará axudas para paliar a falta de profesorado de xaponés que existe en Malaisia, a pesar do crecente interese que esta lingua está espertando entre a poboación.
Fonte: The Japan Times
México corre o risco de perder o 60 % das súas linguas indíxenas a pesar de ser o segundo país de América Latina con maior diversidade cun total de 11 familias lingüísticas.
Fonte: Notimérica
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega do Premio Ramón Otero Pedrayo á escritora, cineasta e académica da lingua galega Margarita Ledo Andión.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Consellería de Educación da Comunidade Valenciana financiará un estudo a través do que cuantificar, en termos de renda, emprego e produto interior bruto a contribución das actividades relacionadas co uso da lingua valenciana.
Fonte: Levante
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, celebrou o grande interese que o Pergamiño Vindel xera dentro e fóra da Comunidade e recordou que ilustra a Galicia que queremos, a Galicia que alá onde vai, nunca esquece as súas raíces.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Os días 2 e 3 de marzo de 2018 celebrouse un seminario no que a Academia da Lingua Asturiana expuxo diversas propostas a través das que apoiar a oficialidade do asturiano. Entre outras medidas, destacan a inclusión da lingua asturiana nos colexios dende os 3 anos ou a emisión dunha canle de televisión e radio.
Fonte: La Nueva España
Subscríbase ao boletín