Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de marzo de 2018

    As entidades Plataforma pola Lingua e Acción Cultural do País Valenciano (ACPV) reuníronse cos responsables da cooperativa Consum para valorar a súa recente decisión de eliminar o valenciano da etiquetaxe dos seus produtos de marca propia.

    Fonte: València Extra

    01 de marzo de 2018

    O Concello de Ames acaba de presentar unha nova edición do Certame Literario de narrativa e poesía ao que poden concorrer textos inéditos de tema libre en lingua galega.

    Fonte: Concello de Ames

    01 de marzo de 2018

    Segundo os datos de 2016, a edición de libros en galego descendeu case un 6 % respecto ao ano anterior. Pese a isto, Galicia é a comunidade autónoma española que maior porcentaxe de libros na súa lingua edita.

    Fonte: CRTVG

    28 de febreiro de 2018

    O Goberno do País de Gales non lles imporá aos profesionais médicos de atención primaria a obrigatoriedade de prestar servizos en lingua galesa. A medida foi fortemente criticada por algunhas forzas políticas como Plaid Cymru.

    Fonte: BBC

    28 de febreiro de 2018

    O Goberno de Portugal, a través do seu máis alto representante, Marcelo Rebelo de Sousa, promulgou un recurso que recoñece o labor docente dos técnicos formadores en lingua de signos.

    Fonte: Jornal de Negócios

    28 de febreiro de 2018

    O Goberno de Aragón confirmou que a comunidade volverá formar parte da Fundación Pro Real Academia Española da Lingua, a través da que apoiar as accións lingüísticas da institución. Así mesmo, o Goberno aragonés solicitará a actualización dos aragonesismos presentes no dicionario da Real Academia Española.

    Fonte: El Periódico de Aragón

    28 de febreiro de 2018

    A actividade Danza Creativa en Familia enmárcase no proxecto Apego e está destinada a familias con nenas e nenos de 0 a 5 anos.

    28 de febreiro de 2018

    O Goberno de Navarra aprobou as normas da comisión especial que permitirán redactar as modificacións da antiga lei da lingua vasca na comunidade. A nova lei versará sobre o cumprimento dos dereitos lingüísticos da cidadanía, a eliminación da zonificación e a formalización do éuscaro como lingua oficial de Navarra.

    Fonte: Noticias de Navarra

    28 de febreiro de 2018

    Os catro centros de ensino que se fixeron a mediados de xaneiro cos galardóns do certame de dinamización lingüística Vindevídeos recibiron os seus premios nun acto que se celebrou, tal e como estaba previsto nas bases do certame, no Museo do Mar de Galicia, ao pé do Pergamiño Vindel cuxa estadía galega quixo conmemorar a Consellería de Cultura e Educación a través dunha ampla programación na que se encadrou a iniciativa, convocada polas secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística.

    27 de febreiro de 2018

    Un grupo de lingüistas atopou tres falantes de badeshi, unha lingua outrora amplamente falada nun pequeno val do norte de Paquistán, que os expertos consideraban extinta.

    Fonte: BBC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder