A serie xuvenil “Morangos com açúcar”, en antena durante 10 anos en Portugal con grande éxito de audiencia, emitirase na segunda canle da TVG en versión orixinal en portugués con subtítulos en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A serie xuvenil “Morangos com açúcar”, en antena durante 10 anos en Portugal con grande éxito de audiencia, emitirase na segunda canle da TVG en versión orixinal en portugués con subtítulos en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Algunhas palabras do dicionario da Real Academia Española serán revisadas por conter connotación machista na súa definición, como xa se fixo co termo "fácil" para referirse a "muller que se presta sen problemas a manter relacións sexuais".
Fonte: Misiones Cuatro
Estas investigadoras comparan os casos de Galicia e Gales para estudar como as persoas inmigrantes aprenden as linguas propias destes dous territorios (galego e galés) para mellorar a súa integración.
Fonte: Galicia Confidencial
Preto de 8000 persoas saíron o pasado 17 de marzo de 2018 á rúa para manifestarse en defensa do modelo de inmersión lingüística da escola catalá e en contra de que o castelán se converta en lingua vehicular.
Fonte: EFE
Adif remitiulle ao Concello de Ferrol uns escritos nos que lle pide que dúas notificacións enviadas pola Administración local redactadas unicamente en galego se traduzan ao castelán.
Fonte: La Vanguardia
O Concurso Literario Mazarelos chega á súa cuarta edición co obxectivo de impulsar a creatividade da mocidade universitaria e a súa capacidade de expresión en galego.
O escritor estadounidense e biógrafo da célebre escritora brasileira Clarice Lispector declarou no Festival Literario de Madeira que é negativo que a única vía de espallar a obra de autores non anglófonos sexa por medio da tradución cara á lingua inglesa.
Fonte: Correio da Manha
O Instituto de Investigación Económica e Social da República de Irlanda revelou que a apertura de máis escolas de inmersión en gaélico irlandés axudaría a revitalizar a lingua vernácula.
Fonte: Irish Times
O colectivo A Mesa das Verbas de Vilagarcía, en colaboración co Centro Comercial Arousa, organiza o concurso literario "Letras Galegas 2018", co obxectivo de fomentar a creación literaria en galego.
Fonte: Faro de Vigo
Musigal, un programa posto en marcha pola Deputación de Pontevedra no marco das actividades do Ano da Lingua, está destinado a grupos musicais profesionais da provincia co obxectivo de apoiar a música galega e en galego.
Fonte: Deputación de Pontevedra
Subscríbase ao boletín