Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de marzo de 2018

    O Concello de Pontevedra e a Coordinadora de Equipos de Normalización da Lingua Galega de varios centros da cidade organizan unha nova edición do programa "Ben veñas, maio", unha iniciativa dirixida ao alumnado de ensino medio coa que se busca fomentar o uso do galego nas actividades propias da mocidade.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    22 de marzo de 2018

    A Asociación Monte Pindo vai colaborar con Google para preservar a microtoponimia do macizo granítico de Carnota e da súa contorna, para o cal se vai crear a Mesa da Toponimia do Monte Pindo.

    Fonte: Código Cero

    22 de marzo de 2018

    O Consello de Goberno da Universidade das Illas Baleares (UIB) aprobou o novo Reglamento de usos lingüísticos e normalización na UIB, que establece que a lingua catalá terá un uso prioritario no ámbito académico e no administrativo.

    Fonte: ABC

    22 de marzo de 2018

    O proxecto 2deo, iniciado en decembro de 2017 no País Vasco para fomentar o uso do éuscaro, presentou os primeiros resultados dende a súa posta en marcha, destacando o desenvolvemento de dúas aplicacións para dispositivos móbiles, JarriOn e Goazen, que permiten compartir contidos audiovisuais nesta lingua.

    Fonte: El Diario Vasco

    21 de marzo de 2018

    Un estudo científico publicado na revista Royal Society Open Science revelou que as linguas dravídicas, faladas na súa maior parte no sur da India, teñen unha antigüidade de 4500 anos.

    Fonte: Phys

    21 de marzo de 2018

    Segundo o informe Situación da lingua galega na programación televisiva infantil, menos do 5 % dos programas infantís está en galego nos días laborables, unha porcentaxe que descende ata o 2,7% nas fins de semana.

    Fonte: Praza Pública

    21 de marzo de 2018

    A Deputación da Coruña publica a resolución provisional das subvencións a concellos e entidades locais da provincia da Coruña para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística durante o ano 2018.

    Fonte: Deputación da Coruña

    21 de marzo de 2018

    O BNG do Porriño presentou unha moción para solicitar a creación dun servizo de normalización lingüística no Concello, unha iniciativa que prosperou grazas ao apoio do resto dos grupos da Corporación.

    Fonte: Faro de Vigo

    21 de marzo de 2018

    Segundo datos do Instituto Vasco de Estatística, tres de cada cinco residentes no País Vasco teñen algún coñecemento de éuscaro e un 42% recoñécese como falante habitual desta lingua.

    Fonte: La Vanguardia

    21 de marzo de 2018

    O Concello de Carballo, en colaboración con diversos medios de comunicación, convoca a décimo cuarta edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores, unha iniciativa coa que se pretende fomentar a reflexión sobre a situación social do galego, así como impulsar o seu uso na prensa.

    Fonte: Concello de Carballo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder