A Organización dos Estados Iberoamericanos e os Institutos Politécnicos asinaron un acordo para reforzar a lingua portuguesa no espazo iberoamericano.
Fonte: Diário de Notícias
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Organización dos Estados Iberoamericanos e os Institutos Politécnicos asinaron un acordo para reforzar a lingua portuguesa no espazo iberoamericano.
Fonte: Diário de Notícias
Representantes do Ministerio de Asuntos Exteriores de Rusia informaron de que a nova lei do Goberno de Letonia que obriga as escolas das minorías lingüísticas a instruír en letón podería empeorar as relacións bilaterais entre os dous países.
Fonte: The Baltic Times
O Pleno do concello asturiano de Mieres aprobou a Ordenanza municipal que permitirá usar a lingua asturiana en todas as comunicacións orais e escritas que se fagan entre a Administración e a cidadanía.
Fonte: La Nueva España
O sábado 24 de marzo de 2018 convocouse unha manifestación en Pamplona co fin de reivindicar a oficialidade do éuscaro en toda Navarra. Centos de persoas estiveron presentes nesta marcha para reclamar a recuperación e a normalización desta lingua.
Fonte: Noticias de Navarra
A webserie en galego Hai vida en Bran?, dirixida, escrita e protagonizada por Ángela Andrada, estrearase o 5 de abril no Pazo da Cultura de Carballo, no marco da celebración do seu festival de contidos dixitais.
Fonte: Código Cero
Un total de once grupo actuará do 26 ao 28 de abril en varios locais e nas prazas do centro histórico da cidade de Pontevedra no marco do festival Galegote Rock, unha iniciativa para reivindicar a música galega e en galego.
Fonte: Faro de Vigo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación do libro A volta e outros relatos, de Mario Franco, que edita Fervenza coa colaboración da Consellería de Cultura, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Con motivo da celebración do centenario da Euskaltzaindia, a Real Academia da Lingua Vasca, prevese organizar nove congresos entre 2018 e 2019 en todos os territorios en que se fala éuscaro, nos que se tratarán asuntos relacionados cos ámbitos de actuación da Academia.
Fonte: El Diario
O venres 23 de marzo de 2018 aprobouse o decreto que regulará o coñecemento da lingua catalá na sanidade pública balear. Este decreto establece que non será necesario dispoñer dunha titulación lingüística para presentarse ás oposicións, se ben será obrigatorio acreditala en dous anos unha vez obtida a praza.
Fonte: ABC
O alumnado universitario dinamarqués ten cada vez máis materias en inglés. De acordo coa oficina estatística do país escandinavo, un 43 % dos universitarios e universitarias recibe xa as clases nesta lingua.
Fonte: CPH Posto Online
Subscríbase ao boletín