Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de abril de 2018

    A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de subvencións para a promoción e difusión do cinema galego en 38 festivais de prestixio nacional e internacional celebrados entre o 1 de decembro de 2017 e o 30 de novembro do 2018.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    03 de abril de 2018

    A nova normativa proposta polo Goberno de Navarra esixe que as empresas subcontratadas polas administracións locais elaboren un plan de éuscaro para que o persoal se forme nesta lingua.

    Fonte: Navarra.com

    02 de abril de 2018

    Esta nova edición do festival “A mocidade coa lingua” celébrase o 5 de abril no Auditorio de Ferrol co obxectivo fomentar a creatividade e o uso do galego no ámbito do lecer.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    02 de abril de 2018

    O presidente de Letonia, Raimonds Vējonis, aprobou a norma promulgada previamente polo Parlamento que introduce o ensino paulatino en letón nas escolas das minorías lingüísticas.

    Fonte: TASS

    02 de abril de 2018

    As cidades libias con poboación bérber queren aprobar unha ordenanza municipal para que o tamazight poida empregarse nos sinais e edificios públicos e privados. Ata o momento, a cidade de Zuwara aplicou xa esta norma.

    Fonte: The Libya Observer

    02 de abril de 2018

    A Deputación da Coruña destinará 150 000 euros a unha nova liña de axudas destinadas á distribución de contidos audiovisuais en lingua galega, que será a primeira destas características que se convoca en Galicia para esta función.

    Fonte: Deputación da Coruña

    02 de abril de 2018

    O próximo 14 de abril de 2018 celébrase a primeira Feira Agora x l'aragonés, un evento organizado pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno de Aragón e o Concello de Zaragoza co fin de promover o uso da lingua aragonesa.

    Fonte: El Periódico de Aragón

    02 de abril de 2018

    O IES A Sangriña, en colaboración co Concello da Guarda, puxo en marcha a campaña “O galego, produto estrela” co obxectivo de fomentar o emprego do galego no comercio e ampliar os seus ámbitos de uso.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    02 de abril de 2018

    O Festival Internacional Kerouac Nova York falará galego na terceira edición que se desenvolve do 3 ao 8 de abril e que consolidará este evento no que a poesía toma as rúas para mesturarse con outras artes, nomeadamente coa música e coa performance, nunha exposición dinámica e moderna da expresión poética.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    30 de marzo de 2018

    O Concello de Moaña organiza o obradoiro "Ops! O portugués simples" destinado ao alumnado de secundaria da localidade co obxectivo de desmontar o prexuízo lingüístico da falta de utilidade do galego e mostrar a súa potencialidade para acceder ao mundo lusófono.

    Fonte: Faro de Vigo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder