As axudas para a realización de actividades de dinamización da lingua galega en 2018 destinadas a entidades sen ánimo de lucro están dotadas cunha partida orzamentaria de 120 000 euros.
Fonte: Deputación de Pontevedra
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
As axudas para a realización de actividades de dinamización da lingua galega en 2018 destinadas a entidades sen ánimo de lucro están dotadas cunha partida orzamentaria de 120 000 euros.
Fonte: Deputación de Pontevedra
A Universidade Jaume I convocou unha olimpíada de valenciano a través da que fomentar o interese e recoñecemento desta lingua nos estudantes de diferentes niveis educativos, nesta ocasión dos institutos de bacharelato e da propia universidade.
Fonte: Levante
Moitas das 364 linguas que se falan en México están en risco de desaparecer, razón pola que se están a pór en marcha numerosas iniciativas destinadas á súa preservación. Desde o ámbito tecnolóxico deseñaron unha aplicación para aprender a falar e escribir náhuatl. E desde o musical, o grupo Rockercoatl distínguese por interpretar música tamén nesta lingua.
Fonte: La Vanguardia
A Cámara de Senadores subscribiu un convenio coa Fundación Yvy Marae’y co obxectivo de incorporar a utilización do guaraní nas actividades lexislativas, así como en documentos e informacións da Cámara Alta. Con este acordo preténdese conseguir un uso equilibrado e equitativo das dúas linguas oficiais de Paraguai: o castelán e o guaraní.
Fonte: Itapúa Noticias
O sábado 24 de marzo de 2018 celebrouse a presentación oficial da Asociación Cultural Amigos do Chapurriau, que nace co obxectivo de reclamar o chapurriau como a lingua falada nas rexións aragonesas de Valderrobres e Matarraña.
Fonte: La Comarca
Esta liña de axudas, dotada cun orzamento de 260 000 euros, está destinada a entidades sen ánimo de lucro e ten como obxectivo promover, fomentar e difundir actividades culturais no marco do Ano da Lingua.
Fonte: Deputación de Pontevedra
O Concello do Grove vai contar cunha nova ordenanza municipal para o impulso social da lingua galega, grazas á que se prevé desenvolver accións que impliquen a sociedade no proceso de normalización lingüística.
Fonte: Galicia Confidencial
O Concello vasco de Hondarribia e Euskaltzaleen Topagunea porán en marcha unha iniciativa dirixida a familias con fillos e fillas de entre 4 e 8 anos para reflexionar sobre o éuscaro e fomentar o seu uso.
Fonte: Diario Vasco
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira Álvarez, presentaron o novo curso en liña preparatorio para a obtención do certificado de lingua galega Celga 4, que este ano realizarán por primeira vez a través da rede un total de 420 persoas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O documental 'Recosiros I. Biblioteca de autores en aragonés', que foi presentado na Facultade de Ciencias Humanas e da Educación de Huesca, foi realizado como homenaxe aos escritores dos séculos XIV ao XX, a fin de fomentar a cultura e a lingua aragonesas.
Fonte: Heraldo
Subscríbase ao boletín