O partido Bloco de Esquerda dos Azores presentou dous proxectos para que o Goberno Autónomo das illas ofreza servizos públicos en lingua de signos.
Fonte: Açoriano Oriental
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O partido Bloco de Esquerda dos Azores presentou dous proxectos para que o Goberno Autónomo das illas ofreza servizos públicos en lingua de signos.
Fonte: Açoriano Oriental
O premio Espiello Agora x l'aragonés foi organizado co obxectivo de premiar o mellor audiovisual gravado, dobrado ou subtitulado en lingua aragonesa, a fin de promover o seu uso neste ámbito. A película Lo Gorroroi recibiu o primeiro premio, que ademais é o primeiro filme de debuxos animados realizado nesta lingua.
Fonte: Ara Info
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar na súa páxina web (http://www.edu.xunta.gal/portal/) tres convocatorias para seguir estendendo no curso 2018/19 o ensino plurilingüe nos centros galegos.
Fonte: Xunta de Galicia
Os piares da Terra, un videoxogo baseado na serie de libros de Ken Follett, incorpora o galego no seu terceiro episodio, cando durante a visita de Aliena a Santiago de Compostela os personaxes do lugar falan esta lingua en todas as versións do xogo.
Fonte: Código Cero
O concello do municipio vasco de Zumaia abriu a convocatoria dunha bolsa que sirva para estudar a historia social do éuscaro no municipio, a fin de poñer orde á información existente e facer divulgación científica dos resultados.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
ERC presentou unha proposición de lei no Congreso para solicitar protección e promoción das linguas españolas oficiais distintas do castelán: catalán, éuscaro, galego e occitano.
Fonte: La Vanguardia
O Plan estratéxico 2018-2020 das Illas Baleares inclúe o incremento das subvencións destinadas ao fomento da lingua catalá, que será de ata 1 millón de euros para accións relacionadas co fomento do catalán nos medios de comunicación.
Fonte: OK Diario
Arredor de 400 linguas indíxenas sen status legal están en risco de desaparecer na India. Un cidadán do estado de Telengana iniciou unha campaña para preservar a lingua gondi que está en perigo a pesar de contar con falantes nun total de seis estados.
Fonte: Deutsche Welle
Os concellos e agrupamentos de concellos que conten con 3000 habitantes ou máis xa poden solicitar, ata o 2 de maio a través da sede electrónica da Administración autonómica, as axudas que convoca a Xunta de Galicia por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a promoción do uso da lingua galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A comisaria da Lingua Galesa, Meri Huws, recoñeceu que a lei en materia de lingua será de difícil aplicación nas universidades galesas. De acordo coa nova norma, todos os centros universitarios deben poder ofrecer docencia e materiais en galés nos mesmos niveis que o fan en inglés.
Fonte: BBC
Subscríbase ao boletín