A aplicación gratuíta para a aprendizaxe de linguas estranxeiras acaba de incluír novos materiais didácticos que permitirán que os usuarios e usuarias poidan desenvolver destrezas máis avanzadas desde niveis máis baixos.
Fonte: Fast Company
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A aplicación gratuíta para a aprendizaxe de linguas estranxeiras acaba de incluír novos materiais didácticos que permitirán que os usuarios e usuarias poidan desenvolver destrezas máis avanzadas desde niveis máis baixos.
Fonte: Fast Company
De acordo co director do Instituto de Idiomas, Ciencias e Saberes Ancestrais (IICSA) de Ecuador, as 14 linguas orixinarias que se falan neste país suramericano están en grave perigo de desaparición.
Ante o éxito da primeira edición do curso en liña 'Introdución á lingua aragonesa', a Fundación Aragonesa para a Formación e o Emprego (Araforem) puxo en marcha unha nova edición, a través da cal se busca promover o uso desta lingua e dar a coñecer a súa situación.
Fonte: El Periódico de Aragón
Bernadette O'Rourke da Universidade Heriot-Watt de Edimburgo, experta na realidade lingüística galega, presentou un novo estudo no que describe o uso do galego entre os neofalantes como "forma de resistencia" e de "activismo".
Fonte: Galicia Confidencial
O Goberno da Comunidade Valenciana confirmou a posta en marcha dunha liña de axudas dirixidas ao sector empresarial para o fomento do valenciano. Ademais, estas axudas inclúen a concesión dun selo de calidade polo uso desta lingua no seu ámbito de actuación.
Fonte: La Vanguardia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concédelles este ano axudas a un total de 155 concellos para dotar as bibliotecas e axencias de lectura municipais dos títulos editoriais máis recentes en lingua galega. Así o publicou o Diario Oficial de Galicia, xunto coa resolución das subvencións para a mellora das coleccións das bibliotecas, na que resultaron beneficiarias 118 localidades das catro provincias galegas.
O Instituto Camões abriu un novo centro de lingua portuguesa no sur do Senegal, nunha zona fronteiriza con Guinea-Bissau, co que pretende promover o ensino do portugués no país africano.
Fonte: RFI
Un informe publicado polo Comité de Expertos do Consello de Europa valora positivamente os esforzos feitos por Chipre na aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. Porén, o país mediterráneo aínda debe seguir traballando para garantir os dereitos lingüísticos das minorías armenia e árabe-chipriota.
Fonte: Council of Europe
O filme español Todos lo saben, do director iraniano Asghar Farhadi, abrirá a nova edición do Festival de Cinema de Cannes (Francia).
Fonte: Euronews
A Universidade de British Columbia decidiu incluír no campus da cidade canadense de Vancouver sinais informativos en inglés e halkomelem, a lingua da comunidade musqueam orixinaria da zona na que se sitúa a zona universitaria.
Fonte: The Globe and Mail
Subscríbase ao boletín