Un estudo da Universidade de California en Riverside revela que as persoas que falan dúas linguas poden inhibir e regular os seus impulsos no seu primeiro idioma cando se enfrontan a tarefas no segundo.
Fonte: Science Daily
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un estudo da Universidade de California en Riverside revela que as persoas que falan dúas linguas poden inhibir e regular os seus impulsos no seu primeiro idioma cando se enfrontan a tarefas no segundo.
Fonte: Science Daily
O Goberno vasco confirmou a aprobación dunha nova liña de axudas que irá dirixida á promoción, desenvolvemento e normalización do uso da lingua vasca no ámbito dixital. Estas subvencións poderán destinarse tanto a proxectos novos como a outros que xa se atopen en marcha.
Fonte: La Vanguardia
O Goberno de Aragón anunciou a aprobación dos Estatutos da Academia Aragonesa da Lingua, de xeito que poderán contar cunha institución oficial que estableza as normas sobre o correcto uso das dúas linguas propias de Aragón, o aragonés e o catalán de Aragón, ademais de encargarse de defender e promover o uso normalizado destas.
Fonte: Heraldo
Responsables de política lingüística do Goberno de Navarra, o Goberno Vasco, a Generalitat de Cataluña, a Xunta de Galicia, o Govern das Illas Baleares e a Generalitat Valenciana mantiveron un encontro en Navarra para coordinar as políticas orientadas á promoción das súas linguas propias.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un estudo científico elaborado polas universidades estadounidenses de Harvard e Pensilvania revelou que a calidade e frecuencia dos intercambios comunicativos é o que máis inflúe á hora de desenvolver nas persoas de pouca idade boas destrezas de expresión oral.
Fonte: Quartz
A Dirección Insular de Política Lingüística de Mallorca puxo en marcha a campaña 'Sortim a jugar!' (Saímos xogar!) a través da que fomentar entre a poboación os xogos tradicionais e a dinamización infantil en lingua catalá.
Fonte: Mallorca Diario
A Consellería de Educación do Principado de Asturias segue co seu plan piloto de implantar a lingua asturiana no sistema educativo, que se ampliará a dez novos centros. Este proxecto implica que unha das dúas sesións semanais das materias de Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Educación Artística ou Educación Física se imparta nesta lingua.
Fonte: La Voz de Asturias
A Universidade de Santiago convoca unha nova edición do certame Somos a curta! ao que se poderán presentar pezas que non superen os 10 minutos e que deberán estar rodadas en galego. Como novidade este ano, as curtametraxes terán que abordar temáticas relacionadas coa realidade social galega.
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou a aprobación definitiva da Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello da Estrada, tras un período de información pública do texto.
Fonte: CTNL
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Facultade de Química no acto de entrega de premios do VI Rally Matemático e Científico sen Fronteiras que organiza Igaciencia coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín