Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de abril de 2018

    De acordo coa nova partida orzamentaria anunciada polo Goberno da República de Irlanda, a cidade de Dublín podería ter un centro especializado na promoción e aprendizaxe da linga gaélica.

    Fonte: The Journal

    13 de abril de 2018

    O Departamento de Cultura da Generalitat apoiará a Asociación Catalá Clúster das Industrias da Lingua Clusterlingua no desenvolvemento de tecnoloxía e de recursos lingüísticos para o sector.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    13 de abril de 2018

    Txikipedia é un proxecto posto en marcha por Euskal Wikilarien Elkartea. Trátase dunha enciclopedia en éuscaro para nenas e nenos de 8 a 13 anos, cuxo léxico e sintaxe se adaptaron a esa franxa de idade para que a súa lectura e comprensión resulten máis doadas.

    Fonte: EITB

    13 de abril de 2018

    A Real Academia Galega publica, en edición dixital, o volume Toponimia de Agolada, obra que xa se pode consultar na páxina web da institución. Trátase dun traballo da académica correspondente Luz Méndez que analiza as orixes dos nomes das 24 parroquias e dos 163 lugares deste concello.

    12 de abril de 2018

    O novo plan de dinamización do galego na mocidade que está a preparar a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, inclúe o deporte entre os ámbitos de actuación prioritarios na dinamización da lingua propia de Galicia na xente nova.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de abril de 2018

    O Consorcio pola Normalización Lingüística de Cataluña impulsou un programa para o alumnado dos cursos de catalán, que realizou prácticas lingüísticas en locais comerciais de proximidade de toda a comunidade. Ata 1325 alumnos e alumnas, pertencentes a diferentes niveis, forman parte deste programa.

    Fonte: GenCat

    12 de abril de 2018

    A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da súa Secretaría Xeral de Política Lingüística, fixeron entrega dos XIII Premios á Calidade Lingüística, uns galardóns outorgados polas comisións de normalización lingüística da universidade compostelá cos que as dúas institucións impulsan o uso e a visibilización do galego no ensino superior.

    12 de abril de 2018

    O Goberno de Navarra aprobou unha liña de axudas destinada ao fomento do éuscaro nos medios de comunicación. Esta iniciativa forma parte do Plan estratéxico do éuscaro, no que consta a necesidade de ampliar a presenza desta lingua na sociedade.

    Fonte: Noticias de Navarra

    12 de abril de 2018

    Este venres, 13 de abril, remata o prazo de inscrición nas probas oficiais de acreditación do Celga 2018 convocadas pola Xunta de Galicia mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución do 6 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018.

    11 de abril de 2018

    O concelleiro independente Diarmaid Ó Cadhla, do Condado irlandés de Cork, presentou unha proposta para incrementar o uso do gaélico na cámara municipal.

    Fonte: Evening Echo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder