Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de abril de 2018

    A plataforma Eibarren Akebai convoca para o vindeiro 20 de abril de 2018 unha proba para atopar unha persoa que durante once días mostre a súa vida en éuscaro na cidade guipuscoana de Eibar, gravando situacións cotiás en diferentes ambientes da cidade e animando o público a usar esta lingua.

    Fonte: Diario Vasco

    18 de abril de 2018

    Un grupo de persoas acaba de poñer en marcha en Internet a iniciativa "Porque me peta!", que ten como finalidade renderlles unha homenaxe a todas as nenas e nenos que falan galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    18 de abril de 2018

    O vindeiro 21 de abril de 2018 celebrarase en Oviedo unha mobilización en defensa da oficialidade da lingua asturiana. A manifestación estará acompañada por dous temas musicais en asturiano creados especialmente para a ocasión.

    Fonte: La Nueva España

    18 de abril de 2018

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; presentaron o documento marco do que vai ser o primeiro Plan de dinamización da lingua galega na mocidade, en palabras do responsable do departamento educativo da Xunta de Galicia, “o tronco sobre o que imos traballar Xunta de Galicia e sectores máis directamente implicados”.

    17 de abril de 2018

    O Parlamento vasco solicitoulle ao Goberno central que o coñecemento das linguas oficiais, como o caso do éuscaro, se teña en conta coma un mérito nos postos da oferta pública de emprego nos que o uso destes idiomas sexa indispensable.

    Fonte: Cope

    17 de abril de 2018

    O 15 de abril celebrouse a primeira festa pola lingua valenciana do 2018 no municipio de Rafelguaraf, á que asistiron máis de 30 000 participantes. Durante o encontro realizáronse talleres e actividades lúdicas para os máis novos, e xa están programados novos encontros noutros puntos da xeografía valenciana ata o vindeiro 9 de xuño.

    Fonte: Levante

    17 de abril de 2018

    O municipio portugués de Chaves, limítrofe coas terras de Monterrei en Ourense, conmemorará os 530 anos do primeiro libro publicado en portugués, o Sacramental, publicado en 1488.

    Fonte: Notícias de Vila Real

    17 de abril de 2018

    China acaba de lanzar un sitio web en chinés e inglés para que os cidadáns e estranxeiros que viven no país asiático poidan axudar a combater os casos de espionaxe.

    Fonte: The Telegraph

    17 de abril de 2018

    A nova versión das aplicacións do Dicionario da Real Academia Galega para Android e iOS introduce as modificacións solicitadas polos usuarios e usuarias, así como funcións xa incluídas na versión web desta ferramenta.

    17 de abril de 2018

    As andainas lingüísticas teñen como obxectivo que as persoas participantes aprendan e practiquen distintas linguas nun contexto informal. Nesta nova edición os idiomas que se poderán practicar son o inglés, o checo, o alemán e o francés.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder