O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no IES Leixa de Ferrol, na presentación da campaña da Asociación PuntoGal con motivo do Día do Libro, que se celebra o 23 de abril.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no IES Leixa de Ferrol, na presentación da campaña da Asociación PuntoGal con motivo do Día do Libro, que se celebra o 23 de abril.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Goberno mozambicano, académicos e especialistas do ámbito da educación mostraron a súa pretensión de introducir as 23 linguas vernáculas do país africano no ensino oficial.
Fonte: Deutsche Welle
O Goberno de Timor Leste e a Universidade Nacional Timor Lorosa’e (UNTL) asinaron un acordo de cooperación para realizarlles probas de portugués e tetún ás persoas que queiran optar á nacionalidade.
Fonte: Sapo 24
O Goberno de Austria informou de que abrirá as súas oficinas consulares no estranxeiro aos surtiroleses italianos que falen alemán ou ladino, mesmo se existe representación italiana no lugar onde se atopen.
Fonte: L’Adige
A Accademia della Crusca, a institución máis importante de defensa da lingua italiana, emitiu un comunicado criticando o uso consentido e crecente de palabras anglófonas no material do Ministerio de Educación de Italia.
Fonte: The Telegraph
O Ministerio de Educación de Italia anunciou que o esloveno poderá escollerse como segunda lingua estranxeira nas escolas de Trieste, na rexión de Friúl-Venecia Xulia.
Fonte: Repubblica
O Concello de Cambre organiza un certame de poesía, narración breve e microrrelato destinado a mozas e mozos de entre 12 e 26 anos ao que poderán presentarse textos redactados en galego e que sexan orixinais, inéditos e non premiados con anterioridade.
Fonte: La Opinión
O alumnado do IES Manuel Murguía de Arteixo puxo en marcha unha iniciativa para que Google utilice o topónimo oficial en galego do seu concello, en lugar da forma Arteijo.
Fonte: La Voz de Galicia
Dende o 23 ao 27 de abril de 2018, a cidade de Torrent celebrará a terceira edición da Semana da Lingua. O programa inclúe actos lúdicos e culturais co obxectivo de fomentar o uso da lingua valenciana.
Fonte: Horta Noticias
A última actualización do decreto que regula a capacitación lingüística do persoal do Servizo de Saúde balear dispón que o coñecemento da lingua catalá será un requisito indispensable para solicitar unha bolsa de traballo, que deberá ser de nivel B1 para a categoría de médico e de A2 para o persoal técnico.
Fonte: El Mundo
Subscríbase ao boletín