Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de abril de 2018

    Os municipios guipuscoanos de Goierri, Beasain, Lazkao e Ordizia anunciaron a posta en marcha dunha campaña para promover a realización da declaración da renda en éuscaro. Este é o oitavo ano que se leva a cabo esta iniciativa, e obsérvase, en xeral, un progresivo incremento anual no número de declaracións nesta lingua.

    Fonte: El Diario Vasco

    06 de abril de 2018

    Investigadores da Universidade do País Vasco e da Autónoma de Barcelona realizaron un estudo que amosa a realidade do ecosistema mediático entre 2009 e 2016 de dez linguas minoritarias europeas: galego, éuscaro, catalán, corso, bretón, frisón, irlandés, galés, gaélico-escocés e saami. Unha das conclusións da investigación é que en Galicia hai menos xornalistas e menos medios en galego que nos territorios de fala catalá ou euscaldúns. En concreto, ocupa o cuarto lugar (con sesenta medios), tras catalán (757), éuscaro (123) e galés (84).

    06 de abril de 2018

    A Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña abriu a convocatoria de sete novas liñas de axudas dirixidas a accións de promoción do uso da lingua catalá, o aranés e, por primeira vez, a lingua de signos.

    Fonte: La Vanguardia

    05 de abril de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, compareceu no Parlamento para informar -por pedimento do Bloque Nacionalista Galego- sobre os datos recollidos polos últimos informes arredor da situación actual da lingua galega publicados pola Real Academia (RAG) e polo Consello da Cultura (CCG) e para dar conta dos traballos que se están desenvolvendo no seu departamento tendo en conta os mencionados datos.

    05 de abril de 2018

    Ábrese unha nova edición dos Premios Peme á Calidade Lingüística, que teñen como obxectivo galardoar as pemes que usan a lingua catalá coma ferramenta de integración na empresa. O prazo de presentación de candidaturas estenderase ata o 18 de maio de 2018.

    Fonte: GenCat

    05 de abril de 2018

    O Goberno de Cataluña fixo pública a resolución sobre as normas de preinscrición e matrícula nas escolas catalás para o próximo curso, na que non se atopa incluída a posibilidade de escoller o castelán como lingua vehicular.

    Fonte: 20 Minutos

    05 de abril de 2018

    Case 400 relatos de ata 200 palabras concorreron a estes premios convocados no marco dunha campaña que ten como obxectivo proxectar o galego en Internet.

    Fonte: RAG

    05 de abril de 2018

    O Concello de Oviedo aprobou a proposta de facer oficial a toponimia en asturiano, recoñecendo o nome nesta lingua da cidade, así como as denominacións correspondentes das súas parroquias e rúas.

    Fonte: El Comercio

    05 de abril de 2018

    Co gallo da celebración o 23 de abril do Día do Libro, a Biblioteca Rosalía de Castro do campus de Ourense convoca un certame de haikus en galego no que poderá participar calquera persoa sexa ou non membro da comunidade universitaria.

    Fonte: Universidade de Vigo

    04 de abril de 2018

    O Goberno da provincia xaponesa de Hokkaido aprobou a adopción da lingua ainu, noutrora idioma predominante nesta zona do Xapón, nos anuncios dalgúns transportes públicos.

    Fonte: IPC Digital

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder