Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de marzo de 2018

    O Servizo de Normalización Lingüística da Comarca da Sidra organizará un taller dirixido a todas as persoas que queiran mellorar o seu dominio da lingua asturiana tanto oral coma escrita, independentemente do seu nivel.

    Fonte: El Búscolu

    23 de marzo de 2018

    No marco do seu programa de promoción da lingua galesa para acadar o millón de falantes en 2050, o Goberno do País de Gales destinará cartos públicos ao fomento da aprendizaxe do galés no ámbito laboral entre a poboación adulta.

    Fonte: FreePress

    23 de marzo de 2018

    O estudo das linguas estranxeiras diferentes ao inglés, como o sueco, o alemán e o francés, segue diminuíndo en Finlandia, tal como mostran as baixas matrículas que se rexistran no ensino secundario do país nórdico.

    Fonte: YLE

    23 de marzo de 2018

    Un estudo elaborado nas universidades australianas de Newcastle e Western Sydney demostra que existe unha ligazón entre as diferentes linguas indíxenas de Australia. O resultado desta investigación podería ter implicacións importantes para a historia cultural deste país de Oceanía.

    Fonte: The University of Newcastle

    23 de marzo de 2018

    A comarca aragonesa de Alto Gállego, en colaboración coa asociación cultural Calibo, firmaron un novo convenio de colaboración a través do que promover a ensinanza da lingua aragonesa entre as persoas adultas.

    Fonte: Heraldo

    23 de marzo de 2018

    O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) considera ilegal a esixencia do nivel B1 dunha lingua estranxeira para a consecución dun título universitario se este requisito non se explicita no correspondente plan de estudos. Así o reflicte unha sentenza referida ao grao en Historia da Universidade de Santiago de Compostela, en cuxo plan de estudos non se recolle esta obriga.

    23 de marzo de 2018

    O escritorio libre Gnome xa conta cunha nova versión, a 3.28, que ademais está xa dispoñible na súa totalidade en galego, grazas ao traballo do Grupo de Tradución de Gnome. Tamén se publicaron os recursos lingüísticos derivados dos labores de localización ao galego para a súa reutilización por parte doutros tradutores.

    Fonte: Código Cero

    22 de marzo de 2018

    A Consellería de Cultura celebra os días mundiais da Poesía, da Auga e da Árbore a través de dous actos que coorganiza, por unha banda, coa Fundación Insua dos Poetas e, por outra, co Concello de Santiago de Compostela.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    22 de marzo de 2018

    O presidente de Francia, Emmanuel Macron, iniciou unha campaña para fomentar o uso do francés en todo o mundo, especialmente en África e no ámbito dixital.

    Fonte: The Guardian

    22 de marzo de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu na sede coruñesa da Real Academia Galega ao acto de homenaxe a Xohana Torres organizado pola institución con motivo do Día Mundial da Poesía.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder