Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de marzo de 2018

    Esta colección de vídeos didácticos en galego pretende ser de utilidade para a docencia e a divulgación científica. Estréase cunha ducia de vídeos, de entre 8 e 10 minutos, de diferentes áreas de coñecemento (física, bioloxía, dereito, xeografía...).

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    21 de marzo de 2018

    A ONG Plataforma pola Lingua do País Valenciano desenvolveu unha aplicación para dispositivos móbiles, denominada ValenciApp, que lles permitirá aos usuarios atopar os establecementos comerciais onde poidan ser atendidos en lingua valenciana.

    Fonte: ABC

    21 de marzo de 2018

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebrou o Día Internacional da Narración Oral e mais o Día da Poesía co alumnado do IES Xelmírez I de Santiago.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de marzo de 2018

    Os diferentes países francófonos do mundo celebran o Día Internacional da Francofonía e a Semana da Lingua Francesa con máis de 1500 iniciativas nun total de 70 países.

    Fonte: France Diplomatie

    20 de marzo de 2018

    O Goberno de Navarra aumentou notablemente o presuposto dirixido ás accións de promoción do uso da lingua vasca, continuando co seu labor de consolidar as políticas lingüísticas no Goberno e darlle a esta lingua un papel máis relevante.

    Fonte: El Diario

    20 de marzo de 2018

    O 19 de marzo de 2018 celebrouse en Oviedo un debate para conmemorar o vixésimo aniversario da aprobación da Lei de uso e promoción do asturiano, do que se concluíu que esta lingua presenta un marco xeral positivo e un modelo propio de oficialidade, pero que aínda precisa avanzar noutros aspectos.

    Fonte: La Nueva España

    20 de marzo de 2018

    O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) abriu a conmemoración dos seus 25 anos de actividade, cunha conferencia do actual presidente da Real Academia Española (RAE) e, no seu día, primeiro director técnico da área de literatura deste centro de investigación adscrito á Xunta de Galicia, Darío Villanueva.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    19 de marzo de 2018

    Un estudo realizado nas universidades de Múnic e Friburgo revelou que escoitar gravacións en linguas estranxeiras mentres durmimos podería ser beneficioso para a aprendizaxe das mesmas.

    Fonte: Independent

    19 de marzo de 2018

    Un grupo de investigación científica da Universidade de Antuerpen crea un brazo robótico que pode traducir conversacións orais á lingua de signos.

    Fonte: METRO

    19 de marzo de 2018

    A escola de linguas en liña Chatterbox recibiu o premio Next Billion Edtech polo seu proxecto innovador que consiste en empregar persoas refuxiadas como docentes.

    Fonte: BT

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder