Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de novembro de 2017

    Despois do Debate de Orientación Política, Javier Fernández, o presidente de Asturias, indicou que durante a actual lexislatura non se discutirá sobre a oficialidade da lingua asturiana.

    Fonte: La Nueva España

    20 de novembro de 2017

    O TERMCAT presentará, durante o obradoiro internacional "Terminoloxía e dicionarios electrónicos", a ferramenta "TermTest", que está destinada ás persoas e equipos que elaboran dicionarios e que queren autoavaliar a súa calidade.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    20 de novembro de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou no Pazo dos Ulloa en Esposende, en Ribadavia, no acto de entrega dos XI Premios Bacelos de Prata á queixería lalinense Hoxe e á adega de Castrelo de Miño O Alborexar.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de novembro de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no Centro Camões de Vigo, na inauguración das X Jornadas de Atualização Docente de PLE (português língua estrangeira).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    17 de novembro de 2017

    O British Council declarou que os medos relativos ao Brexit están a provocar unha acusada baixada dos auxiliares de linguas modernas en Escocia.

    Fonte: TES

    17 de novembro de 2017

    As cidades timorenses de Dili e Baucau acollerán o Festival de Cinema Itinerante da Lingua Portuguesa que chega este ano á súa oitava edición.

    Fonte: Jornal Tornado

    17 de novembro de 2017

    Islandia celebra o Día da Lingua Islandesa para conmemorar o aniversario do nacemento do poeta Jónas Hallgrímsson. Este ano a escritora agraciada co premio que leva o seu nome foi a novelista Vigdís Grímsdóttir, pola súa obra Vaknaðu Þyrnirós.

    Fonte: Iceland Review

    17 de novembro de 2017

    A plataforma de ensino de linguas Duolingo engadiu agora o chinés mandarín á súa oferta de idiomas e pasa a incluír un total de 27 cursos en liña.

    Fonte: Digital Trends

    17 de novembro de 2017

    O Goberno do País Vasco impulsou o proxecto 'Euskal Kirolari' para fomentar o uso da lingua vasca no eido do deporte, especialmente no ámbito dixital e das redes sociais. O proxecto contará coa participación de importantes deportistas que amosarán a súa relación co idioma e termos en éuscaro relacionados cos seus deportes.

    Fonte: 20minutos

    17 de novembro de 2017

    De acordo cos datos do Instituto Vasco de Estatística (Eustat), o 50,4 % das empresas do País Vasco que dispón de páxina web ofrece os seus servizos en éuscaro. A porcentaxe por provincias é do 61,7% en Guipúscoa, 46% en Biscaia e 39,1% en Áraba.

    Fonte: Finanzas.com

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder