De acordo cos resultados do "Proxecto Arrue" sobre uso de éuscaro no eido escolar, a utilización da lingua vasca aumentou no período 2011-2015, acadando un 59,4 % en 4º de Educación Primaria e un 42,3 % en 2º da ESO.
Fonte: La Vanguardia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
De acordo cos resultados do "Proxecto Arrue" sobre uso de éuscaro no eido escolar, a utilización da lingua vasca aumentou no período 2011-2015, acadando un 59,4 % en 4º de Educación Primaria e un 42,3 % en 2º da ESO.
Fonte: La Vanguardia
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, compartiu co alumnado do CPI Domingo Fontán, de Portas, o acto do Día da Ciencia en Galego, no marco do mes dedicado a esta efeméride e que este ano ten como protagonista ao científico Domingo Fontán Rodríguez, que elaborou o primeiro mapa topográfico-científico de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Por primeira vez na historia de Chipre, a igrexa ortodoxa organizará a primeira celebración litúrxica en lingua de signos co fin de que as persoas con dificultades auditivas poidan ter acceso a este servizo relixioso.
Fonte: News in Cyprus
Un grupo de 314 profesoras e profesores de francés mostrou o seu rexeitamento ante a negativa da Academia Francesa de aceptar mudanzas normativas que convertan o francés nunha lingua máis inclusiva en cuestións de xénero.
Fonte: The Telegraph
A oficina estatística do Canadá revelou que, a pesar do incremento poboacional rexistrado polas comunidades indíxenas, as súas linguas teñen cada vez unha situación máis feble.
Fonte: Language Magazine
De acordo coa axencia educativa Education First (EF), China sitúase agora no posto 36 no que respecta ao dominio da lingua inglesa, a súa mellor posición da historia.
Fonte: GB Times
Preséntase a segunda edición de DivulgaTerra, unha iniciativa impulsada pola Universidade de Santiago para a difusión do traballo desenvolvido polos novos investigadores e investigadoras e para promover o uso do galego como lingua da comunicación e da divulgación científica.
A obra premiada é Home is Like a Different Time, versión inglesa de A veiga é como un tempo distinto de Eva Moreda, traducida do galego por Craig Patterson.
Fonte: Galicia Confidencial
O Club de Debate é un proxecto colaborativo organizado polos servizos de normalización lingüística de diferentes concellos e que ten como obxectivo a dinamización lingüística e cultural no ámbito educativo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Vitoria impulsou, en colaboración coa asociación Bai Euskarari, unha campaña para promover o uso habitual do éuscaro nos comercios, de xeito que se creará un mapa que indicará aqueles que empregan a lingua vasca para atender os clientes.
Fonte: El Correo
Subscríbase ao boletín