Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de novembro de 2017

    O escritor Antonio Piñeiro resultou gañador do Premio Torrente Ballester en galego coa súa novela A través do fume. Este galardón, que convoca a Deputación da Coruña, inclúe a publicación da obra e unha dotación de 25 000 euros.

    Fonte: Galicia Hoxe

    07 de novembro de 2017

    O presidente de Francia, Emmanuel Macron, nomeou a galardoada escritora Leïla Slimani para representar e promover a lingua e cultura francesas no mundo.

    Fonte: The Guardian

    07 de novembro de 2017

    O cambio de nome nunha páxina de Facebook da BBC de "parsi" a "darí", unha das denominacións da lingua persa falada en Afganistán, levantou unha profunda polémica no país centroasiático.

    Fonte: Aljazeera

    07 de novembro de 2017

    Esta petición prodúcese porque certos departamentos dependentes da institución provincial utilizan de maneira exclusiva o castelán, ata o punto de non facilitar documentación ou atención en galego cando son requiridas.

    Fonte: Sermos Galiza

    07 de novembro de 2017

    A presidenta da Comisión Especial de Estudo sobre o Réxime de Protección e Promoción do Asturiano, Concha Masa, presentou un borrador de conclusións no que se recolle que a cooficialidade é a única vía para a supervivencia do asturiano.

    Fonte: Asturies.com

    07 de novembro de 2017

    A Facultade de Matemáticas acolle ‘Habelas, hainas, queremos contarchas!’, unha xornada divulgativa sobre a investigación en matemáticas, cuxas exposicións se farán en galego. Preténdese que oradores e oradoras se afagan a presentar as súas investigacións noutro idioma que non sexa o inglés e tamén normalizar o uso do galego nas matemáticas.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    07 de novembro de 2017

    A Academia Valenciana da Lingua inclúe máis de 3000 nomes no seu "Vocabulario de nomes de persoa", o que permitirá que pais e nais poidan elixir o nome dos seus fillos en valenciano. Así mesmo, os funcionarios terán acceso á forma correcta dos nomes nesta lingua.

    Fonte: El Mundo

    07 de novembro de 2017

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou no Pazo de San Roque os XXXVII Cadernos Ramón Piñeiro. Carlos Casares: homenaxe. De amicitia, un volume dedicado a afondar na figura do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas co gallo da programación conmemorativa impulsada desde a Xunta.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    06 de novembro de 2017

    O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, pediulles ao sector económico e ás universidades que mostren un maior compromiso pola promoción e desenvolvemento do portugués como lingua internacional.

    Fonte: RTP

    06 de novembro de 2017

    A Secretaría de Políticas Lingüísticas de Paraguai quere evitar mediante un programa de revitalización a desaparición da lingua guaná, falada por poucos integrantes dunha comunidade indíxena do departamento de Concepción.

    Fonte: Ñandutí Digital

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder