Escolares de primaria e secundaria manifestáronse diante da Asemblea de Irlanda do Norte para demandar unha lei que garanta os dereitos dos falantes de gaélico.
Fonte: Irish Mirror
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Escolares de primaria e secundaria manifestáronse diante da Asemblea de Irlanda do Norte para demandar unha lei que garanta os dereitos dos falantes de gaélico.
Fonte: Irish Mirror
O proxecto europeo ILSA (Interlingual Live Subtitling for Access), liderado pola Facultade de Filoloxía e Tradución, pretende desenvolver unha disciplina baseada na subtitulación interlingüística en directo.
Fonte: Universidade de Vigo
A ONCE Cataluña convocou o XX Concurso Literario Roc Boronat en catalán, no que participarán 59 novelas. O propósito deste certame é apoiar os escritores para impulsar a creación literaria en lingua catalá entre as persoas con discapacidade visual.
Fonte: La Vanguardia
Os formadores de lingua de signos en Portugal poderán acreditarse como docentes, tal como se acordou nas negociacións entre o Ministerio de Educación e os sindicatos do ensino.
Fonte: RTP
O Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto desenvolveu a xornada literaria dirixida ao profesorado participante programada na súa 10ª edición, da man das coñecidas escritoras Ledicia Costas e Rosalía Fernández Rial.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Goberno das Illas Baleares creou uns adhesivos en catalán para identificar os vehículos nos que viaxan nenos. De acordo coa Consellería de Cultura, esta iniciativa busca "fomentar a visibilidade da lingua catalá nas rúas das aldeas e cidades" do arquipélago.
Fonte: Menorca.info
O Tribunal Constitucional avalou o dereito dos consumidores de Cataluña a seren atendidos nas dúas linguas oficiais da comunidade. Así o recoñece un artigo do Código de Consumo de Cataluña, que foi recorrido no Congreso dos Deputados. Fronte a este recurso, o Tribunal amosouse a favor do precepto, sempre que non supoña a imposición de "calquera das dúas linguas oficiais".
Fonte: El País
Tras a aprobación dunha proposta do grupo parlamentario do Bloco de Esquerda, a Asemblea da República de Portugal deberá transmitir a partir de agora as sesións plenarias con tradución en lingua de signos.
Fonte: Diário de Notícias
A Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal colaborarán para promover o dominio galego na rede (.gal) a través dunha campaña na que se reducirá o prezo dos novos rexistros durante o mes de febreiro, e tamén coa organización dun concurso de microrrelatos, de ata 200 palabras, co que se pretende estimular a produción creativa nos novos espazos da comunicación.
Proximamente, haberá unha ligazón complementaria no Dicionario da Real Academia Galega que levará a unha base de datos con terminoloxía altamente especializada.
Fonte: La Voz de Galicia
Subscríbase ao boletín