Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de outubro de 2017

    A compañía ferroviaria británica Great Western anunciou que non está entre os seus plans incluír mensaxes nin anuncios en galés na súa nova frota de trens.

    Fonte: Wales Online

    27 de outubro de 2017

    Un informe publicado polo Centro de Estudos Migratorios revelou que o estado de Utah é o segundo dos EUA que rexistra un maior crecemento de falantes de linguas diferentes ao inglés no seo familiar.

    Fonte: The Salt Lake Tribune

    27 de outubro de 2017

    Os membros da Ertzaintza poderán aprender éuscaro de xeito gratuíto fóra do seu horario laboral. Ademais, poderán elixir o euskaltegi no que recibir a formación e o horario que mellor se adapte ás súas necesidades.

    Fonte: eitb.eus

    27 de outubro de 2017

    A Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña está a promover a definición dos niveis de competencia en lingua de signos catalá. Esta iniciativa pertence ao plan de acción pola normalización e fomento desa lingua, incluído na Lei 17/2010 do Parlamento de Cataluña.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    27 de outubro de 2017

    O Portal da Lingua Galega e mais o Portal Educativo da Xunta de Galicia veñen de publicar a nova convocatoria do Concurso-Exposición Letras Galegas, que cada ano se leva adiante co obxectivo de potenciar o coñecemento do autor ou autora homenaxeada o 17 de maio, da situación sociolingüística que lle tocou vivir e, en xeral, da súa época histórica.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    26 de outubro de 2017

    Por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Xunta de Galicia programa, unha fin de semana máis, actividades nos concellos que forman parte da Rede de Dinamización Lingüística (RDL).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    26 de outubro de 2017

    Estas xornadas, que se celebrarán do 13 ao 15 de novembro, contarán coa participación de entidades doutras comunidades autónomas co obxectivo de coñecer as súas experiencias no ámbito da normalización lingüística.

    Fonte: La Nueva España

    26 de outubro de 2017

    O Consorcio para a Normalización Lingüística (CPNL), no marco do programa "I tu, jugues en català?" organiza un concurso de fotografía para promover os xogos e os xoguetes en catalán.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    25 de outubro de 2017

    O diplomático Luís Faro Ramos, actual embaixador portugués en Cuba, será o novo presidente do Instituto Camões despois da marcha da actual dirixente Ana Paula Laborinho.

    Fonte: Público

    25 de outubro de 2017

    A cidade caboverdiana de Praia acolle un encontro internacional de escritores en lingua portuguesa. En total, case 30 persoeiros de diferentes ámbitos da cultura lusófona van estar presentes.

    Fonte: Sapo 24

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder