Co obxectivo de darlle a coñecer á cidadanía a presenza do Pergamiño Vindel en Galicia, a Universidade de Vigo puxo en marcha unha nova actividade, a dramatización dun cantar de cego, que levará a 22 vilas galegas.
Fonte: Universidade de Vigo
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Co obxectivo de darlle a coñecer á cidadanía a presenza do Pergamiño Vindel en Galicia, a Universidade de Vigo puxo en marcha unha nova actividade, a dramatización dun cantar de cego, que levará a 22 vilas galegas.
Fonte: Universidade de Vigo
Con este convenio de colaboración, que terá unha vixencia dun ano, a Deputación de Lugo pretende contribuír ao funcionamento da Real Academia Galega, principalmente, da súa operatividade tecnolóxica.
Fonte: Código Cero
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou o Servizo Galego de Saúde (Sergas) por excluír a lingua galega na realización dunhas enquisas.
Fonte: ABC
Un grupo de investigadores do Centro Nacional da Investigación Científica de Francia (CNRS, polas súas siglas en francés) traduce unha fábula de Esopo a 126 variedades lingüísticas de Francia e crea coas traducións un atlas sonoro en liña de linguas rexionais.
Fonte: Lenga d'òc Info
A cidade portuguesa de Santarém acolle a sexta edición do Simposio Mundial de Estudos da Lingua Portuguesa organizado polo Instituto Politécnico e a Escola Superior de Educación.
Fonte: O Riba Tejo
A nova edición do Obradoiro para o acollemento lingüístico e cultural está destinada a persoas nacidas fóra de Galicia co obxectivo de que se aproximen á lingua e á cultura galegas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O programa "Emmarca't" busca fomentar o uso do catalán entre as grandes marcas, posto que a maioría delas non conta con páxina web nin atención telefónica nesta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Os gañadores da segunda edición deste certame son as formacións musicais "Os nenos da vella" da Coruña e "Máis boas cás patacas" de Teo. Con este concurso a Deputación da Coruña busca fomentar o uso da lingua galega e potenciar a creatividade poética e musical da mocidade.
Fonte: Deputación da Coruña
O Instituto Nacional de Administración Pública, en colaboración coa Delegación do Goberno no País Vasco, convocou cursos de éuscaro destinados aos empregados públicos da Administración Xeral do Estado co obxectivo de atender a cidadanía adecuadamente e garantir os seus dereitos lingüísticos.
Fonte: El Confidencial Autonómico
Un académico escocés alerta que cada vez menos escolares do ensino secundario optan por realizar os seus exames finais en gaélico nas illas Hébridas Exteriores.
Fonte: The Herald
Subscríbase ao boletín