O ministro da Lingua Galesa, Alun Davies, declarou que o Goberno de Gales ten a intención de estimular economicamente as zonas onde hai máis falantes de galés para evitar que os máis novos emigren pola falta de oportunidades.
Fonte: BBC
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O ministro da Lingua Galesa, Alun Davies, declarou que o Goberno de Gales ten a intención de estimular economicamente as zonas onde hai máis falantes de galés para evitar que os máis novos emigren pola falta de oportunidades.
Fonte: BBC
O ministro de Finanzas da República de Irlanda anunciou que para o ano 2018 haberá un incremento de 2,5 millóns de euros para promover a lingua gaélica.
Fonte: Language Magazine
Despois do ditame do Consello de Navarra, que critica algúns aspectos do decreto foral que regula o uso do éuscaro na Administración, o Goberno navarro incorporará modificacións neste decreto.
Fonte: Noticias de Navarra
O obxectivo deste curso de acollemento lingüístico é facilitarlles ás persoas inmigrantes e emigrantes retornadas a súa integración na sociedade galega, a través de información histórica e sociocultural de Galicia e da adquisición de competencias básicas en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Departamento de Filoloxía Galega e Latina organiza o ciclo de conferencias "Os xoves do Vindel", unha iniciativa na que diferentes especialistas ofrecerán relatorios sobre música, lingua ou onomástica.
Fonte: Universidade de Vigo
O Diccionario gallego-castellano de Marcial Valladares é unha obra fundamental da lexicografía galega do século XIX e un referente para os dicionarios elaborados con posterioridade.
Fonte: Real Academia Galega
A Mesa pola Normalización Lingüística e o sindicato CIG convocaron un acto de protesta ante a sede do Valedor do Pobo para pedir a dimisión da súa titular, Milagros Otero, por amparar a vulneración dos dereitos lingüísticos dos galegos.
Fonte: Galicia Confidencial
Segundo indicou o Ministerio de Educación do estado indio de Karnataka, a partir do próximo ano académico todos os centros educativos deberán adoptar o canarés como primeira ou segunda lingua.
Fonte: The News Minute
O ministro de Asuntos Exteriores de Italia, Angelino Alfano, inaugurou a XVII edición da Semana da Lingua Italiana no Mundo. O tema deste ano é a presenza do italiano no cinema.
Fonte: Italia chiama Italia
A Universidade Pompeu Fabra, dentro dos estudos da Facultade de Tradución e Interpretación, comeza unha serie de conferencias sobre lingua de signos e comunicación xorda.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Subscríbase ao boletín