Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de xaneiro de 2018

    O Goberno do País Vasco e a asociación Galtzagorri puxeron en marcha un programa para impulsar a lectura infantil e xuvenil en lingua vasca. Para isto, a asociación formará a profesorado en varios centros educativos do País Vasco.

    Fonte: El Diario Vasco

    15 de xaneiro de 2018

    O Concello de Barakaldo puxo en marcha un proceso participativo dirixido ás persoas vascófonas para fomentar o uso do éuscaro. En concreto, celebraranse tres encontros nos que se analizará a situación da lingua vasca no municipio, establecendo obxectivos para impulsar a súa utilización.

    Fonte: elcorreo.com

    15 de xaneiro de 2018

    A Biblioteca Nacional de España completou a primeira recompilación do dominio .gal por encargo da Biblioteca de Galicia, un traballo que supón a captura dos sitios web rexistrados baixo o devandito dominio.

    Fonte: Galicia Confidencial

    15 de xaneiro de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou no Centro Ágora da Coruña a mostra ‘Converxencias arte e ciencia’, que fará parada na Cidade Herculina entre os vindeiros 15 e 19 de xaneiro.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de xaneiro de 2018

    O ministro de Cultura de Portugal declarou que a canle da Radio Televisión Portuguesa de África se converteu na segunda máis vista nos países africanos de expresión portuguesa.

    Fonte: Sapo 24

    12 de xaneiro de 2018

    Os docentes de lingua de signos portuguesa non teñen os mesmos dereitos que o resto de profesores do ensino público e esixen agora que deixen de ser contratados como técnicos especialistas.

    Fonte: Esquerda

    12 de xaneiro de 2018

    O Parlamento da República de Macedonia aprobou por maioría dobre a lei que estende e garante o uso da lingua albanesa, falada por un cuarto da poboación, a todo o país.

    Fonte: Fox News

    12 de xaneiro de 2018

    O ministro do Interior de Alxeria emitiu o seu primeiro comunicado oficial en lingua bérber con motivo do Novo Ano Tamazight que foi declarado festa nacional en todo o país norteafricano.

    Fonte: Middle East Monitor

    12 de xaneiro de 2018

    A Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña abrirá, o 29 de xaneiro de 2018, o prazo de inscrición para as probas destinadas a obter os certificados de lingua catalá de nivel básico (A2), elemental (B1), intermedio (B2), suficiencia (C1) e superior (C2).

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    12 de xaneiro de 2018

    A Concellería de Normalización Lingüística de Vila-real publicou unha convocatoria de axudas para promover o uso da lingua valenciana destinadas ás asociacións sen ánimo de lucro da localidade. En total, destinaranse 10 000 euros.

    Fonte: elperiodic.com

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder