A ministra de Asuntos Exteriores da India, Sushma Swaraj, declarou que o seu país está listo para afrontar os custos que suporá que a lingua hindi se converta nun dos idiomas oficiais das Nacións Unidas.
Fonte: Wiki Tribune
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A ministra de Asuntos Exteriores da India, Sushma Swaraj, declarou que o seu país está listo para afrontar os custos que suporá que a lingua hindi se converta nun dos idiomas oficiais das Nacións Unidas.
Fonte: Wiki Tribune
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, destacou a aposta que está realizando o Centro Dramático Galego (CDG) arredor das obras de Ramón María del Valle-Inclán, posto que este ano vai estrearse a primeira versión en galego da obra Divinas palabras, o fito principal da programación do CDG nesta temporada.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Bilbao outorgoulle o premio Cimubisaria a "Bilbao Now", unha aplicación que funciona como axenda cultural e guía turística da cidade. Esta app conta cun servizo de guía sonora e permite gardar favoritos e planificar rutas. Ademais, pode utilizarse completamente en éuscaro, castelán, francés ou inglés.
Fonte: eitb.eus
A nova Lei de nacionalidade fai máis difícil conseguir o pasaporte suízo. As persoas candidatas á súa obtención deben dominar a lingua local (francés, alemán ou italiano, segundo a rexión), xa que deben estar en posesión do nivel A2 para escritura e B1 para oralidade.
Fonte: SwissInfo
A primeira curtametraxe de debuxos animados en lingua aragonesa "Lo Gorroi" ("O gorro vermello"), impulsada polo Goberno de Aragón xunto coa Escola de Arte de Zaragoza, foi presentada nos cines Aragonia nunha sala chea de persoas asistentes.
Fonte: Aragón Digital
O Día Mundial do Braille instaurouse no ano 2000 co obxectivo de concienciar sobre a integración das persoas con discapacidade visual. Celébrase o 4 de xaneiro, data que coincide co aniversario do nacemento do seu creador, Louis Braille.
Fonte: Diario de Morelos
A Deputación da Coruña vai destinar 480 000 euros á creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística durante o ano 2018, unhas subvencións que están dirixidas a concellos, agrupacións, mancomunidades e outras entidades locais da provincia.
Fonte: Deputación da Coruña
Un deputado mexicano promoveu unha iniciativa para reformar a Constitución co obxectivo de recoñecer as linguas indíxenas como oficiais en México, igual que o español.
Fonte: UniRadio Informa
Ashi Añane (A Nosa Voz) convértese así no primeiro programa de radio en idioma asháninka e servirá como canle para promover a identidade pluricultural peruana.
Fonte: Radio Nacional
O Concello de Pamplona repartirá 82 500 euros entre quince entidades sen ánimo de lucro para que desenvolvan proxectos dirixidos ao fomento da lingua vasca. Cómpre mencionar que a cantidade achegada para estas axudas se incrementou nun 27 % respecto á convocatoria anterior.
Fonte: Noticias de Navarra
Subscríbase ao boletín