Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de xaneiro de 2018

    A Estratexia da Lingua Gaélica, consensuada polas comunidades de fala irlandesa que viven na zona sur do Condado irlandés de Donegal, permitirá garantir un futuro prometedor para o gaélico irlandés.

    Fonte: Donegal Democrat

    09 de xaneiro de 2018

    O Concello de Sanxenxo prepara unha nova web municipal, máis adaptada ás necesidades de usabilidade e con versión en galego á que se accederá por defecto.

    Fonte: Código Cero

    09 de xaneiro de 2018

    Ata o 30 de abril de 2018, as entidades que impulsen o catalán e/ou organicen actividades para fomentar o seu uso, poden solicitar a inclusión ou renovación no Censo de entidades de fomento da lingua catalá do Departamento de Cultura de Cataluña.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    09 de xaneiro de 2018

    O sindicato STEPV solicitou que o valenciano sexa a lingua central do modelo educativo plurilingüe da Comunidade Valenciana, de xeito que un mínimo do 50% dos contidos curriculares sexa neste idioma, chegando a acadar o 90% na etapa Infantil nos territorios nos que o valenciano é a lingua maioritaria.

    Fonte: El Mundo

    08 de xaneiro de 2018

    A Sociedade da Lingua Galesa (Cymdeithas yr Iaith Gymraeg) criticou con dureza o escaso uso que se fai da lingua galesa na Asemblea de Gales. Segundo as estimacións da organización, o galés é a lingua dos debates só un 12 % do tempo.

    Fonte: BBC

    08 de xaneiro de 2018

    Unha descendente de portugueses crea "Mais idiomas", unha academia virtual de aprendizaxe de idiomas centrada na promoción da lingua e cultura portuguesas.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    08 de xaneiro de 2018

    O Dicionario da Real Academia Galega recibiu en 2017 arredor de 20,5 millóns de consultas, o que supón a maior cifra desde a posta en marcha da súa versión dixital en 2013. Ademais, experimentou un incremento do 42 % con respecto ao ano anterior e unha media diaria de máis de 56 000 buscas.

    08 de xaneiro de 2018

    A festa das ikastolas do País Vasco francés, Herri Urrats, terá lugar o 13 de maio de 2018 en Senpere baixo o lema 'Prefosta'. Os beneficios deste ano destinaranse ao colexio Manex Erdozaintzi Etxart, que une a alumnado de Zuberoa e Baixa Navarra.

    Fonte: eitb.eus

    08 de xaneiro de 2018

    A Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña editou un mapa de localización dos lugares onde aprender a lingua de signos catalá (LSC). Este mapa informa sobre os lugares que ofrecen cursos desta lingua, así como sobre os datos de contacto de cada centro.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    08 de xaneiro de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á homenaxe a Isaac Díaz Pardo polo sexto aniversario do seu pasamento no cemiterio de Boisaca.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder