Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de xaneiro de 2018

    O español está practicamente ausente das canles de comunicación na rede do deporte internacional, malia ser unha das linguas máis faladas do mundo. Proba disto é a súa ausencia da maioría de federacións internacionais de deportes olímpicos ou do portal web do COI.

    Fonte: La Vanguardia

    02 de xaneiro de 2018

    O premio Youtubeir@s, dirixido a todas as persoas maiores de 14 anos, ten como obxectivo aumentar a presenza do galego nos vídeos de Youtube.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    02 de xaneiro de 2018

    A Consellería de Educación, Cultura, Investigación e Deporte da Comunidade Valenciana creou unha nova modalidade de subvencións para impulsar o uso da lingua valenciana nos libretos das fallas de Valencia. Trátase dunhas axudas adscritas ao fomento do uso da lingua no eido festivo para o ano 2018.

    Fonte: elperiodic.com

    02 de xaneiro de 2018

    As entidades promotoras do Correlingua presentaron o novo sitio web da iniciativa e mais o calendario da edición de 2018, que levará por lema “A lingua non para!”.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    02 de xaneiro de 2018

    A través dun comunicado, a Chunta Aragonesista asegurou que a nova páxina web do Arquivo da Coroa de Aragón pode consultarse en castelán, catalán, inglés, portugués, italiano e francés. Neste mesmo escrito pregúntaselle ao Goberno de Aragón se está previsto desenvolver as "actuacións necesarias" para incluír unha tradución en aragonés.

    Fonte: Diario del Alto Aragón

    02 de xaneiro de 2018

    A exposición central das Letras Galegas 2017, Os mundos de Carlos Casares, pecha a súa itinerancia no concello ourensán de Xinzo de Limia, localidade de referencia para o autor homenaxeado o 17 de maio.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    02 de xaneiro de 2018

    A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia celebrou no concello ourensán de Xinzo de Limia a reunión ordinaria anual na que participou a representación da súa área política, que integra oito novas incorporacións e chega ás 187 entidades entre concellos, deputacións, mancomunidades, fundacións, consorcios e outras.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    02 de xaneiro de 2018

    O xeógrafo compostelán e profesor universitario Xosé Constenla Vega fíxose coa XVII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, galardón que convocan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    29 de decembro de 2017

    Co fin de avanzar na planificación do programa de actividades co que se conmemorará o centenario da Xeración Nós, a Xunta de Galicia celebrou unha xuntanza co grupo de traballo que está a coordinar a efeméride, promovido pola Consellería de Cultura e Educación e do que forman parte diversas administracións e as principais entidades culturais de Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    29 de decembro de 2017

    A Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña elaborou o Censo de entidades de fomento da lingua occitana, que ten o propósito de dar visibilidade ao labor das entidades que impulsan este idioma.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder