Altos cargos do exército defenderon no Reino Unido o uso dunha linguaxe máis inclusiva nas forzas armadas.
Fonte: The Telegraph
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Altos cargos do exército defenderon no Reino Unido o uso dunha linguaxe máis inclusiva nas forzas armadas.
Fonte: The Telegraph
O Goberno do País Vasco aprobou unha partida de 66 800 euros para formar, mediante a convocatoria de bolsas, a dous investigadores no eido da euscaldunización de persoas adultas. O propósito desta iniciativa é ofrecer formación de expertos en metodoloxía para o ensino aplicado da lingua vasca.
Fonte: La Vanguardia
O Goberno do País Vasco comprometeuse a fomentar a integración de contidos e ferramentas dixitais na rede. En concreto, pretende impulsar a Wikipedia en lingua vasca, promover licenzas libres nos contidos creados en éuscaro, apoiar os videoxogos neste idioma e difundir os dominios '.eus'.
Fonte: El Confidencial
Afundación, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Centro PEN de Galicia convocan a décimo sexta edición do Premio de Poesía Afundación, co obxectivo de impulsar e de recoñecer a produción poética en lingua galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A exposición “Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas” que contén as sete cantigas de amigo do xograr Martín Códax escritas a finais do século XIII, recibiu máis de 23.000 visitas nos dous meses que leva aberta ao público no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Como é habitual en cada Nadal, acaba de publicarse a nova edición do catálogo Abertos ao Galego promovido pola Mesa pola Normalización Lingüística que inclúe produtos de empresas ou entidades que mostran un compromiso firme coa lingua galega.
Fonte: Praza Pública
O Departamento de Educación de California outorgará axudas a distritos escolares e municipios para promover o ensino bilingüe nas escolas.
Fonte: EdSource
Un proxecto de tradución da Universidade de São Paulo que consiste na publicación dun libro con historias en lingua tupí busca fortalecer esta lingua indíxena falada na Amazonia brasileira.
Fonte: Jornal da USP
O Consello de Mallorca dedicará 1,2 millóns de euros á política lingüística no ano 2018 para impulsar a normalización da lingua. O orzamento destinarase ao pagamento das axudas pendentes de 2008, á organización do Ano Llompart e á recuperación da liña de subvencións aos rótulos en catalán.
Fonte: UltimaHora.es
O Concello de Vila-real e a Academia Valenciana da Lingua seguirán a colaborar no impulso da lingua valenciana, pois veñen de asinar un convenio no que se recollen varias áreas de actuación e actividades para promover o idioma na cidade.
Fonte: La Plana al Dia
Subscríbase ao boletín