Milleiros de persoas achegáronse ás mobilizacións celebradas na rexión alxerina da Cabilia para protestar pola negativa do Goberno de Alxeria de financiar a ensino nesta lingua.
Fonte: Europapress
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Milleiros de persoas achegáronse ás mobilizacións celebradas na rexión alxerina da Cabilia para protestar pola negativa do Goberno de Alxeria de financiar a ensino nesta lingua.
Fonte: Europapress
Con motivo da Semana do Idioma Árabe a nivel mundial, a Coalición Nacional marroquí para a lingua árabe criticou a importante presenza do francés na vida institucional do país africano o que, segundo a organización, supón un obstáculo para o desenvolvemento e normalización do árabe como lingua de uso.
Fonte: El Diario Vasco
A Oficina de Dereitos Lingüísticos da Comunidade Valenciana xa está en marcha. Deste xeito, segundo o decreto que regula o seu funcionamento, este organismo busca "proporcionar apoio e consello á cidadanía para canalizar as reclamacións, suxestións e consultas motivadas por posibles vulneracións dos dereitos lingüísticos e tratar de erradicalas".
Fonte: ABC
A Consellería de Educación e Universidades do Goberno de Canarias abriu o prazo de inscrición para que os centros educativos participen en actividades para mellorar as competencias lingüísticas do alumnado. Un dos obxectivos deste proxecto é superar os prexuízos lingüísticos respecto ao dialecto das illas.
Fonte: La Vanguardia
O propósito desta iniciativa é escoller unha palabra dunha listaxe cos neoloxismos xurdidos ou popularizados neste ano 2017. Trátase de termos ausentes no Dicionario da Real Academia Galega, como é o caso de Samaín, velutin, empoderamento, brigadista, transfobia ou eucaliptización.
Fonte: Galicia Confidencial
A obra, coordinada polo profesor Alexandre Rodríguez, recompilas os traballos de 14 especialistas que ofrecen os seus estudos sobre as coordenadas para comprender o cambio lingüístico.
Fonte: Universidade de Vigo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou a Antía Cal na presentación da obra "O arte e a súa historia", que publica Laiovento en edición facsímile coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Neste ano que comeza, 2018, a formación de música tradicional A Roda conmemora 40 anos desde a súa fundación a finais do 1977, toda unha vida dedicada a promover e difundir a música galega e o noso patrimonio cultural inmaterial, a través da chamada “música de raíz”, un expoñente da música popular galega, da música de taberna e un dos grupos máis antigos (aínda en activo) e coñecidos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O cemiterio de San Facundo de Ribas de Miño constitúe un caso singular en Galicia, posto que o galego está presente no 99 % das lápidas.
Fonte: El Progreso
A secretaria de Estado de Asuntos Exteriores de Portugal, Teresa Ribeiro, declarou con motivo dun encontro de investidores en Viana do Castelo que a lingua portuguesa goza de boa saúde e reiterou a aposta do executivo portugués pola súa expansión internacional.
Fonte: Diário de Notícias
Subscríbase ao boletín