Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de decembro de 2017

    Darío Villanueva, director da Real Academia Española (RAE), e Paz Battaner, directora do Dicionario da lingua española (DLE), presentaron as actualizacións da versión en liña da 23ª edición do DLE. En total, fixéronse 3345 modificacións respecto á edición publicada en outubro de 2014.

    Fonte: RAE

    21 de decembro de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nos actos organizados en homenaxe a Xosé Mosquera Pérez, coñecido como "O vello dos contos".

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de decembro de 2017

    A directora xeral da UNESCO, Audrey Azoulay, defendeu no Día Mundial do Árabe que esta lingua é "un instrumento para a dignidade e a igualdade así como para a emancipación e a equidade entre mulleres e homes".

    Fonte: Nações Unidas

    20 de decembro de 2017

    Seis universidades, catro portuguesas e dúas estranxeiras, asinaron un acordo co Instituto Camões para desenvolver un proxecto que promova e fortaleza o ensino do portugués como lingua estranxeira e lingua de herdanza.

    Fonte: Público

    20 de decembro de 2017

    A Deputación da Coruña publicou as bases da convocatoria de axudas dirixida a concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais da Coruña, destinadas á creación, mantemento ou reforzo de servizos de normalización lingüística.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    20 de decembro de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na sede da Cámara de Comercio no acto de entrega dos Premios Manuel Beiras que recibiron as empresas Brazolinda e Illa Bufarda, así como o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago (mención especial).

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    20 de decembro de 2017

    A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convoca no Portal Educativo e no Portal da Lingua Galega a Resolución pola que se convoca a participación en proxectos de innovación en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública durante o curso académico 2017/2018.

    20 de decembro de 2017

    O Goberno do País Vasco aprobou a 'Axenda Estratéxica do Éuscaro 2017-2020', coa que se pretende chegar á cifra de 788 000 persoas vascófonas e que o 75% dos menores de 25 anos sexa quen de dominar a lingua vasca no ano 2020.

    Fonte: eitb.eus

    20 de decembro de 2017

    A Deputación de Biscaia aprobou catro liñas de axudas para fomentar e normalizar o uso da lingua vasca, que suman 2,8 millóns de euros. As axudas están destinadas a entidades sen ánimo de lucro, concellos, organismos municipais e mancomunidades que promovan o éuscaro, así como a sociedades, cooperativas e persoas individuais ou profesionais.

    Fonte: ABC

    20 de decembro de 2017

    A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca axudas destinadas á creación de obras audiovisuais, en versión orixinal en lingua galega, con decidida vocación artística e cultural.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder