A Real Academia Galega colabora con "Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra", un novo programa da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia que pretende divulgar a toponimia entre a cidadanía e concienciar sobre a importancia da implicación colectiva para a preservación deste patrimonio inmaterial.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O 20 de decembro de 1907, hai xusto 110 anos, estreábase na Habana o Himno, nunha celebración solemne no Gran Teatro do Centro Galego. A Academia Galega celebra un acto da man do Instituto José Cornide para conmemorar tal efeméride.
Con motivo do Día Mundial da Lingua Árabe, académicos reúnense na capital de Arabia Saudita para debater os retos que a lingua afronta no panorama globalizado actual.
Fonte: Al Arabiya
Unha nova ferramenta chamada Sistema de Indicadores do Éuscaro (EAS) ofrecerá información continua sobre a "saúde" do éuscaro en diversos ámbitos das zonas vascófonas. Con este proxecto preténdese dar a coñecer a situación e evolución do idioma, para saber cal é a difusión da lingua nos diferentes eidos sociais.
Fonte: eitb.eus
A Consellería de Educación e a Corporación Valenciana de Medios de Comunicación asinaron un acordo para coordinar accións en diversas materias, como a educación, a cultura, a investigación e a normalización lingüística. En relación a esta última, o acordo contribuirá a fomentar a aprendizaxe da lingua valenciana.
Fonte: La Vanguardia
A organización sen ánimo de lucro Consorcio Unicode dotará á lingua do pobo rohingya, orixinario de Myanmar, un alfabeto para poder empregala no ámbito dixital.
Fonte: The Guardian
O programa de dinamización lingüística 'Nadal en Rede' desprega durante esta fin de semana as súas actividades en oito concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Consellería de Cultura e Educación destina 200 000 euros a promover a tradución de obras en galego a outros idiomas e de obras escritas orixinariamente en galego para outras linguas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega do XI Premio de Narrativa Breve Repsol a Xosé Antonio Neira Cruz pola obra O sono das sereas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Filólogos de Asturias realizaron importantes modificacións no 'Estudiu da Transición Llingüística na Zona Eo-Navia, Asturies (ETLEN)', o primeiro atlas lingüístico do mundo que estuda a fronteira entre dous idiomas. En concreto, o estudo pretende analizar o conxunto de linguas do Navia-Eo, que marcan a fronteira entre os dominios do galegoportugués e do asturleonés.
Fonte: Galicia Hoxe
Boletín
Subscríbase ao boletín