Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de decembro de 2017

    Os académicos da Real Academia da Lingua Vasca reuniranse en xaneiro de 2018 para pronunciarse sobre a proposta de adaptar 450 termos do seu dicionario a unha concepción da sociedade menos sexista.

    Fonte: Cadena SER

    28 de decembro de 2017

    O programa de dinamización lingüística 'Nadal en Rede' pecha o 2017 cunha manchea de actividades nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. A axenda de actividades ofrece propostas en Carballedo, no Rosal, na Lama, en Cerceda, en Coristanco, en Moaña, en Vilaboa, en Castro de Rei, en San Cristovo de Cea, en Poio, en Cospeito, en Burela, en Toén e en Curtis. Os protagonistas nos escenarios serán Os Bolechas, Ignacio Vilariño de Fantoches Baj, Uxía, María do Ceo, Senén Vaamonde e A Roda.

    28 de decembro de 2017

    A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as novas edicións dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, Manuel María de literatura dramática infantil e Barriga Verde de textos para teatro de monicreques nas súas modalidades de público infantil e adulto.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    28 de decembro de 2017

    O Servizo Lingüístico da Unión Xeral de Traballadores editou o "Glosario de mutuas" e o "Glosario básico de prevención de riscos laborais para os delegados e delegadas de prevención". Ambos se basean na colección "A prevención a man" que ofrece diversas ferramentas no eido da saúde laboral.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    28 de decembro de 2017

    A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura de Cataluña convocou unha nova edición dos "Premis Llanterna Digital" que buscan impulsar o uso da lingua catalá e occitana mediante a elaboración de curtametraxes sobre a lingua. O prazo para a presentación das obras está aberto ata o 30 de abril de 2018.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    28 de decembro de 2017

    Cun 48 por cento dos votos, afouteza é a Palabra do Ano 2017. Votaron por ela 3 004 persoas das 6 228 que participaron na elección promovida polo Portal das Palabras, o proxecto web da Real Academia Galega e a Fundación Barrié.

    Fonte: RAG

    28 de decembro de 2017

    O municipio de Tallin, capital de Estonia, anunciou que comezará os trámites para adquirir novos programas en lingua rusa que se emitirán na canle Pervõi Baltiiski Kanal (PBK).

    Fonte: ERR

    28 de decembro de 2017

    O novo programa "Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra" chega á Coruña e a Palas de Rei e mais ao Grove.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    28 de decembro de 2017

    O líder da principal Primeira Nación de Nova Escocia, Leroy Denny, manifestouse a favor de demandar ao Goberno da provincia que a lingua micmac poida ser declarada oficial.

    Fonte: CBC News

    27 de decembro de 2017

    De acordo co xornal Svenska Dagbladet. o número de centros de ensino que imparten as súas clases en inglés aumentou en Suecia nos últimos anos.

    Fonte: The Local

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder