A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca 28 cursos de linguaxe administrativa galega e linguaxe xurídica galega dirixidos ao persoal público da comunidade autónoma de Galicia.
Fonte: EGAP
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca 28 cursos de linguaxe administrativa galega e linguaxe xurídica galega dirixidos ao persoal público da comunidade autónoma de Galicia.
Fonte: EGAP
O Goberno do País Vasco asinou un acordo coa Asociación Española de Normalización-UNE para traducir ao éuscaro as normas UNE-ISO, que certifican a xestión da calidade e a xestión ambiental nas empresas. En virtude deste convenio, desenvolverase un programa de tradución á lingua vasca de normas UNE durante os vindeiros catro anos.
Fonte: La Vanguardia
A filóloga Garbiñe Mendizabal será a nova directora de Igualdade Lingüística da Deputación de Guipúscoa, substituíndo a Mikel Irizar. A Deputación indicou nun comunicado que a nova directora "acumula unha ampla experiencia no eido da normalización do éuscaro".
Fonte: El Diario Vasco
Segundo un estudo, mentres que en Montreal o 21 % da poboación fala, polo menos, tres linguas, en Toronto e en Vancuver esta porcentaxe descende ata o 11 e o 10 % respectivamente. Esta cifra de trilingües débese a unha maior presenza do francés en Montreal e tamén ao alto nivel de inmigración.
Fonte: RCI
Cada vez é máis común que se impartan en inglés as clases nas escolas de negocios en Francia, principalmente co obxectivo de atraer estudantes estranxeiros e reforzar a súa imaxe internacional.
Fonte: Le Monde
Grazas a este programa, denominado "Linguas e dialectos vivos", estudantes de orixe bosníaca e albanesa que viven en Turquía, aprenden a lingua dos seus antepasados.
Fonte: TRT
Unha estudante da Facultade de Filosofía da Universidade Autónoma de Querétaro, coordinou a elaboración dun manual que documenta as linguas indíxenas de México en risco de desaparición. Nel recóllense 364 variantes lingüísticas, conformadas en 68 agrupacións e 11 familias, e analízanse cales son as súas principais ameazas.
Fonte: Querétaro 24-7
O Concello de Huesca e a Comarca de la Hoya elaboraron uns calendarios en aragonés para o ano 2018, cos que buscan dar visibilidade á lingua aragonesa, á cultura e á historia, así como poñer en valor a contorna da cidade, da comarca e da comunidade.
Fonte: Diario del Alto Aragón
Os Bolechas, Fantoches Baj, Senén Vaamonde e A Roda, Uxía e Sérgio Tannus e María do Ceo pecharán esta semana a sexta edición do programa de dinamización lingüística 'Nadal en Rede'.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Os subtítulos das series e as películas de Netflix poden axudar a aprender ou practicar unha lingua, unha tarefa que resulta máis sinxela coa ferramenta SUFLI que traduce estes subtítulos de maneira completa.
Fonte: TekCrispy
Subscríbase ao boletín