Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de decembro de 2017

    O TERMCAT publicou a "Terminoloxía da ciberseguridade", que elaborou en colaboración co Centro de Seguridade da Información de Cataluña (CESICAT) e con expertos na materia. Este dicionario contén máis de 250 palabras en catalán, con definicións equivalentes en castelán, inglés e francés.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    13 de decembro de 2017

    Os Bolechas súmanse por sexto ano consecutivo á celebración das festas de Nadal, da man da Rede de Dinamización Lingüística, Bolanda Edicións, Televisión de Galicia e Gadisa, e chegarán a oito concellos desde o vindeiro venres 22 de decembro ata o domingo 7 de xaneiro.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de decembro de 2017

    O Goberno dos Países Baixos quere revisar as políticas de integración de inmigrantes e imporá a necesidade de que estes aprendan neerlandés desde o momento da súa chegada.

    Fonte: Dutch News

    12 de decembro de 2017

    A Organización Internacional para a Estandarización, coñecida popularmente como ISO, acaba de recoñecer internacionalmente a lingua montenegrina como idioma separado do serbio.

    Fonte: Balkan Insight

    12 de decembro de 2017

    As institucións de Bilbao e Biscaia organizan, por sexto ano consecutivo, o encontro "Berbagunea" para promover o uso da lingua vasca na cidade de Bilbao. A xuntanza terá lugar o 14 de decembro de 2017 e asistirán máis de mil persoas amantes do éuscaro.

    Fonte: ABC

    12 de decembro de 2017

    A Deputación da Coruña asinou un convenio coa Mesa pola Normalización Lingüística para colaborar co proxecto A Liña do Galego, unha iniciativa dirixida á defensa dos dereitos lingüísticos.

    Fonte: Sermos Galiza

    12 de decembro de 2017

    Sateliun lanzou a versión en galego para dispositivos con sistemas Android da súa app de xeolocalización, a primeira aplicación móbil de xestión de frotas por GPS que está accesible nesta lingua.

    Fonte: Código Cero

    12 de decembro de 2017

    O Goberno de Navarra impulsará a campaña "O éuscaro de todos e todas" durante o mes de decembro de 2017 para promover o "prestixio social" do idioma. O seu obxectivo, de acordo co Instituto Navarro do Éuscaro, será o de amosar a utilidade da lingua tanto no ámbito persoal como profesional.

    Fonte: La Vanguardia

    12 de decembro de 2017

    O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, acolle unha importante parte dos materiais científicos manexados polo profesor Elixio Rivas para a elaboración dos seus traballos de onomástica, etimoloxía e etnolingüística.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    11 de decembro de 2017

    O autor Chusé Antón Santamaría escribiu un libro titulado Sapienza en purnas, que recolle, en lingua aragonesa e castelá, o refraneiro do saber popular de Aragón relacionado co paso do tempo.

    Fonte: Heraldo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder