Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de decembro de 2017

    Segundo datos do Eustat, o 50,4 % das empresas vascas con dez ou máis persoas empregadas conta con páxina web en éuscaro unha porcentaxe que ascende ao 61,7 % no caso das que se encontran nas comarcas de Guipúscoa.

    Fonte: La Vanguardia

    07 de decembro de 2017

    Este acordo asinado por ambas as institucións inclúe a colaboración en accións como publicacións, cursos de galego para persoas de fóra de Galicia ou un estudo sobre as competencias e usos lingüísticos na infancia.

    07 de decembro de 2017

    A Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) insiste na necesidade de recoñecer na Constitución a lingua de signos como unha lingua oficial máis do Estado español.

    Fonte: Servimedia

    07 de decembro de 2017

    O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, deulles a benvida aos oito novos bolseiros en formación que incorpora aos proxectos CORGA/XIADA, CODOLGA, BILEGA, Termigal, Informes de Literatura, Recuperación de textos poéticos e xornalísticos galegos, Lírica profana galego-portuguesa e Dimensión da identidade colectiva de Galicia.

    06 de decembro de 2017

    Os 70 000 euros da Radiotelevisión do Principado de Asturias que estaban destinados ao uso da lingua asturiana van dedicarse á dobraxe de longametraxes e programas infantís.

    Fonte: Asturies.com

    05 de decembro de 2017

    O Parlamento de Romanía aprobou por unanimidade dedicar o 30 de maio ao Día da Lingua e Teatro Yiddish. A iniciativa servirá para promover a lingua e cultura yiddish en todo o país.

    Fonte: JTA

    05 de decembro de 2017

    Un xuíz da República de Irlanda negoulle a un cidadán irlandés que quería realizar o seu proceso xudicial completamente en gaélico a transferencia do seu caso a un tribunal competente para acoller a súa demanda.

    Fonte: Irish Times

    05 de decembro de 2017

    Tendo en conta os datos de padrón do Instituto Nacional de Estatística, os oito concellos que xa solicitaron a oficialidade da lingua asturiana representan o 62,79 % da poboación total da comunidade. Ademais, está previsto que o número de concellos a favor da lingua siga a aumentar.

    Fonte: Asturies.com

    05 de decembro de 2017

    A Universidade do País Vasco (UPV/EHU) participará na 52ª edición da Feira do Libro e Disco de Durango, que terá lugar entre os días 6 e 10 de decembro de 2017. En concreto, a UPV/EHU presentará trinta libros en éuscaro relacionados con diversas áreas de coñecemento, destinados tanto ao alumnado universitario como ao público en xeral.

    Fonte: La Vanguardia

    05 de decembro de 2017

    A Facultade de Ciencias Humanas e Sociais da Universidade Jaume I acolleu a presentación do "Libro de estilo da Corporación Valenciana de Medios de Comunicación (CVMC)". Trátase dun manual que funcionará como un modelo para mellorar o uso da lingua valenciana no ámbito do xornalismo.

    Fonte: elperiodic.com

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder