Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de decembro de 2017

    A pesar das políticas que impuxeron o uso e a aprendizaxe do inglés e o chinés mandarín en Singapur, cada vez máis singapurenses mostran interese por reconectarse coas súas orixes e aprender linguas vernáculas como o kristang ou o hokkien.

    Fonte: Today Online

    11 de decembro de 2017

    A Cámara dos Comúns do Parlamento do Canadá quere destinar máis servizos de tradución oral en linguas indíxenas como o cree e o ojibwe.

    Fonte: CBC News

    11 de decembro de 2017

    O Consorcio para a Normalización Lingüística de Cataluña organizará unha nova quenda de cursos de lingua catalá en 146 localidades da comunidade. Os cursos permitirán obter certificados de todos os niveis, que serán equivalentes aos oficiais emitidos pola Dirección Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    11 de decembro de 2017

    A Xunta acaba de publicar a nova versión do portal Galiciana, a porta de acceso á plataforma da Memoria Dixital de Galicia. Galiciana.gal inicia a súa andaina con máis de 300 000 obxectos dixitalizados de nove coleccións procedentes de fondos xestionados pola Xunta (como os da Biblioteca Dixital de Galicia e os do Arquivo Patrimonial de Galicia) e doutras entidades como as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, da Real Academia Galega e do Instituto de Estudos Padre Sarmiento.

    11 de decembro de 2017

    A multinacional sueca emprega tanto na súa web como na atención telefónica o castelán, o catalán e o éuscaro pero non o galego, razón pola que acaba de iniciarse unha campaña nas redes para poñer fin a esta exclusión.

    Fonte: Sermos Galiza

    08 de decembro de 2017

    A sexta sesión das Conversas Nortear, que promoven o coñecemento da cultura entre Galicia e o Norte de Portugal a partir de redes de colaboración entre os dous territorios, celébrase no Culturgal, que ten o país luso como convidado para celebrar a súa décima edición.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    07 de decembro de 2017

    Segundo unha enquisa publicada polo Instituto Nacional de Estatística (INE), oito de cada dez galegos consideran que a súa lingua materna é o galego, mentres que nove de cada dez estiman que é o castelán.

    Fonte: Galicia Confidencial

    07 de decembro de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou no Pazo de San Roque o vídeo ‘Nadal + Galego’, creado polo Foro Enrique Peinador coa colaboración da Xunta de Galicia para animar a cidadanía a consumir produtos etiquetados na nosa lingua nas próximas festas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    07 de decembro de 2017

    De acordo coa revista lituana Reitingai, de todas as linguas ensinadas nas escolas lituanas, o ruso rexistra os maiores índices de competencia por parte do alumnado. Nas 50 mellores escolas do país báltico, a nota media foi 87,06 puntos dun total de 100.

    Fonte: TASS

    07 de decembro de 2017

    Xapón instalou no aeroporto de Haneda, na cidade de Tokyo, os primeiros teléfonos públicos capaces de comunicar por medio da lingua de signos.

    Fonte: The Japan Times

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder