Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de decembro de 2017

    O Portal das Palabras organiza un ano máis, e xa van catro, a campaña para escoller a Palabra do Ano 2017. Nas tres edicións anteriores as escollidas foron irmandade (2016), refuxiados (2015) e corrupción (2014).

    05 de decembro de 2017

    A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, coa colaboración da Corporación Radio e Televisión de Galicia e de OQOeditora, publicou nos portais Educativo e da Lingua Galega a convocatoria dos VII Premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos!.

    04 de decembro de 2017

    Malia as polémicas xeradas por parte dos diferentes partidos políticos sobre a aprobación dunha lei que garanta a oficialización do gaélico en Irlanda do Norte, o uso deste idioma celta está a experimentar un tímido desenvolvemento. De acordo co último censo realizado, o 11 % da poboación de Irlanda do Norte pode falar gaélico a un certo nivel.

    Fonte: CBC

    04 de decembro de 2017

    A Asemblea Parlamentaria da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) reuniu en Lisboa membros de todos os países de lingua oficial portuguesa. O deputado portugués, Carlos Páscoa, informou de que o ensino do portugués en Guinea Ecuatorial é aínda moi escaso.

    Fonte: Diário de Notícias

    04 de decembro de 2017

    De acordo con datos publicados polo Departamento de Saúde do Goberno do País Vasco, 188 161 persoas escolleron o éuscaro como lingua de preferencia para comunicarse co Servizo Vasco de Saúde. Así mesmo, estes datos indican que a porcentaxe de traballadores deste Servizo que acreditou o perfil lingüístico se multiplicou por tres.

    Fonte: La Vanguardia

    04 de decembro de 2017

    O Departamento de Ensino de Cataluña publicou a convocatoria de 2000 prazas para acceder ao corpo de docentes da Comunidade. Como é habitual, un dos requisitos para presentarse será ter coñecementos de catalán. Destas 2000 prazas, 136 están destinadas a profesorado de lingua catalá e literatura.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    01 de decembro de 2017

    O Parlamento de Quebec aprobou por unanimidade unha iniciativa que promoverá o saúdo en francés e non en bilingüe entre todos os comerciantes de Montreal e o resto da provincia canadense. A idea é fomentar o uso da lingua francesa no comercio.

    Fonte: CTV News

    01 de decembro de 2017

    O Instituto de Servizos Estranxeiros dos Estados Unidos publicou un mapa que revela as semanas de instrución que se necesitan para poder dominar unha lingua moderna. As linguas da Península Ibérica aparecen clasificadas na categoría I, coa excepción do éuscaro.

    Fonte: My Modern Met

    01 de decembro de 2017

    Bota a andar a segunda edición do premio Youtubeir@s, unha iniciativa posta en marcha por nove concellos, polas tres universidades e pola Deputación da Coruña e que ten como obxectivo aumentar a presenza do galego nos vídeos de Youtube.

    Fonte: Praza Pública

    01 de decembro de 2017

    Con motivo da súa visita a Burkina Faso, o presidente de Francia, Emmanuel Macron, defendeu a importancia do francés no continente africano e avogou por converter este idioma no máis importante do mundo.

    Fonte: Express

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder