Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de novembro de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou o investigador e crítico literario Armando Requeixo na presentación do seu libro Álvaro Cunqueiro e Mondoñedo. Guía literaria.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    28 de novembro de 2017

    O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, avaliaron as liñas de colaboración postas en marcha entre a Administración autonómica e a Academia para seguir traballando a prol da lingua e da súa difusión.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    28 de novembro de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Gres nos actos de homenaxe a Xosé Neira Vilas no segundo aniversario do seu pasamento.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    28 de novembro de 2017

    Un total de 3437 membros da policía do País Vasco ten acreditado algún perfil lingüístico de éuscaro, o que supón un 43% do total de axentes. Isto significa que, dende a aprobación do primeiro plan de uso desta lingua no ano 2014, a porcentaxe de policías co idioma acreditado medrou un 5%.

    Fonte: Noticias de Álava

    27 de novembro de 2017

    A dificultade para contratar persoal médico en Gales complica a atención en lingua galesa mesmo en zonas onde é a lingua principal da poboación. Os activistas da lingua galesa demandan que se garantan os dereitos dos pacientes a seren atendidos na lingua vernácula.

    Fonte: Wales Online

    27 de novembro de 2017

    Un estudo elaborado na Universidade de Oregon (EUA) revelou que os nenos e nenas que falan dúas linguas mostran maiores capacidades que os monolingües cando se trata de tomar decisións e focalizar a atención.

    Fonte: Independent

    27 de novembro de 2017

    O Goberno da Comunidade Valenciana aprobou o decreto que regula o funcionamento da Oficina de Dereitos Lingüísticos (OLD). O obxectivo desta Oficina será o de garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía, que son os que protexen o uso das linguas oficiais da Comunidade.

    Fonte: Las Provincias

    27 de novembro de 2017

    Institucións do Goberno do País Vasco e Navarra e colectivos que exercen labores en favor do éuscaro, presentaron a iniciativa Euskaraldia, que pretende "activar" o uso da lingua vasca entre a cidadanía vascófona durante once días do ano 2018. En concreto, desenvolverase entre os días 23 de novembro e 3 de decembro do 2018.

    Fonte: Noticias de Navarra

    27 de novembro de 2017

    O único semanario en lingua galega que existe na actualidade, Sermos Galiza, está a preparar a súa saída como xornal diario en papel para o ano 2019.

    Fonte: Sermos Galiza

    27 de novembro de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Santiago na descuberta dunha placa en homenaxe aos doutores Ramón e Antonio Baltar Domínguez.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder