Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de novembro de 2017

    "Galeg@ para sempre" é unha campaña pensada para fomentar o uso do galego no ámbito funerario. Busca, así mesmo, a implicación de empresas e profesionais do sector para que garantan que quen desexe servizos fúnebres en galego poida acceder a eles con normalidade.

    Fonte: Galicia Confidencial

    22 de novembro de 2017

    A comisión de seguimento do Programa de promoción da lingua galega no Bierzo e en Sanabria, asinado polos gobernos galego e castelán leonés no ano 2001, deu conta dun incremento de máis dun cento de alumnos e alumnas en centros de ensino infantil e primario de León e Zamora. Así, o programa computa, neste curso escolar 2017-2018, un total de 1101 estudantes matriculados, fronte aos 980 do anterior.

    22 de novembro de 2017

    O Simposio Carlos Casares -organizado pola Real Academia Galega (RAG) co apoio da Consellería de Cultura e Educación- repasará durante tres días na sede da RAG e da man de 16 especialistas, a figura, a vida e a obra do autor ourensán homenaxeado polas Letras Galegas 2017.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    22 de novembro de 2017

    O Goberno de Navarra e o Concello de Pamplona presentaron as actividades que terán lugar no mes de decembro para celebrar o Día Internacional do Éuscaro, que será o día 3 dese mes. En concreto, organizaranse actuacións teatrais, concertos ou laboratorios de cultura dixital que se distribuirán por varias localidades como Alsasua, Tafalla, Lesaka ou Sangüesa, ademais de Pamplona e Tudela.

    Fonte: Diario de Navarra

    22 de novembro de 2017

    Estíbaliz Espinosa é a gañadora do XV Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    21 de novembro de 2017

    O documental Rocky Ros Muc convértese no primeiro traballo cinematográfico rodado en lingua irlandesa que competirá para os premios da Academia dos Óscar.

    Fonte: RTÉ

    21 de novembro de 2017

    Unha escola da provincia canadense de Ontario lanza unha ferramenta en liña que permite aprender a lingua mohawk dos nativos americanos.

    Fonte: CBC

    21 de novembro de 2017

    A Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno de Aragón incorporou 900 rexistros sonoros e vídeos das localidades nas que se fala lingua aragonesa ou catalá á súa páxina web. Deste xeito, este arquivo de tradición oral chega xa aos 1700 documentos.

    Fonte: Heraldo

    21 de novembro de 2017

    Alacant acollerá a denominada "Plaça del Llibre", a festa do libro en lingua valenciana, que reunirá máis de trinta autores valencianos, baleares e cataláns para fomentar a lectura en valenciano con actividades destinadas a todo tipo de público.

    Fonte: Diario Información

    21 de novembro de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou a escritora Mónica Varela na presentación do libro Versos e bolboretas.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder