Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de novembro de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da XIII Xornada de Normalización Lingüística que organiza Escolas Católicas coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de novembro de 2017

    A novela de J. K. Rowling Harry Potter e a pedra filosofal acaba de ser traducida á súa octoxésima lingua: o scots.

    Fonte: National Public Radio

    24 de novembro de 2017

    O alemán de Pensilvania medra ano tras ano nas comunidades máis tradicionais do estado de Pensilvania, como na comunidade Amish, malia perder peso en zonas urbanas e noutros estados dos EUA.

    Fonte: Philly

    24 de novembro de 2017

    O Goberno rexional de Thurgau, en Suíza, aprobou unha lei que incrementará o nivel de lingua alemá como requisito para poder obter a nacionalidade suíza. A partir de agora os estranxeiros que queiran optar á nacionalidade no cantón deberán demostrar un nivel B2, superior ao que se esixe no resto do país helvético.

    Fonte: The Local

    24 de novembro de 2017

    O Concello de Pamplona uniuse a BEITU!, unha plataforma de redes sociais en éuscaro para a mocidade de entre 14 e 18 anos. Grazas a BEITU!, os mozos e mozas poderán recibir e compartir contidos en lingua vasca vinculados ao lecer.

    Fonte: Noticias de Navarra

    24 de novembro de 2017

    A Universidade do País Vasco aprobou as bases do Plan estratéxico 2018-2021 con 51 votos a favor, 4 en contra, 32 abstencións e un voto nulo. Entre os obxectivos principais deste plan atópase o de fomentar o uso da lingua vasca.

    Fonte: El Diario Vasco

    24 de novembro de 2017

    A Mesa pola Normalización Lingüística faise eco dunha denuncia contra as aseguradoras Liberty e Caser por negarse a facerlle un contrato en lingua galega a un cliente.

    Fonte: Sermos Galiza

    24 de novembro de 2017

    O Parlamento de Galicia acolleu a entrega dos XXIV Premios de Publicidade en Galego, convocados pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, polo Parlamento de Galicia e polo Foro Enrique Peinador. Os galardóns recoñecen o traballo realizado a prol da normalización lingüística por parte de empresas e entidades que publicitan os seus produtos en galego nos medios de comunicación, así como das axencias que elaboran os anuncios para elas.

    23 de novembro de 2017

    A Fundación Labayru puxo en marcha o desafío #botaba co obxectivo de difundir a través de Instagram expresións en éuscaro que se utilizan entre amigos, na casa e no traballo.

    Fonte: El Correo

    23 de novembro de 2017

    As Cortes Valencianas aprobaron a proposición de lei para regular o plurilingüismo na Comunidade, unha iniciativa que establece porcentaxes mínimas para valenciano, inglés e castelán.

    Fonte: 20minutos

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder