Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de xaneiro de 2018

    Os códigos lingüísticos empregados nos dispositivos electrónicos caracterízanse pola tendencia á oralidade e polo seu carácter oralizante, uns fenómenos aos que non escapa a lingua galega e que foron analizados por Estefanía Mosquera Castro, investigadora da Universidade da Coruña.

    Fonte: Galicia Confidencial

    11 de xaneiro de 2018

    A última edición da versión en liña do Dicionario da lingua española da RAE pechou o ano 2017 con preto de 750 millóns de visitas. A media mensual de consultas foi de 65 millóns e foi marzo o mes no que máis visitas se rexistraron (82 millóns).

    Fonte: Real Academia Española

    11 de xaneiro de 2018

    O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela organiza os Venres Cativos, actividades para o último venres de cada mes que teñen como obxectivo fomentar o uso e a adquisición da lingua galega nas xeracións máis novas.

    Fonte: SNL do Concello de Redondela

    11 de xaneiro de 2018

    O Consorcio para a Normalización Lingüística de Cataluña traballa para impulsar o uso do catalán en todos os ámbitos, especialmente no eido socioeconómico, que é un dos sectores onde máis relacións comunicativas se establecen cada día. Deste xeito, o tecido comercial é esencial para ofrecer conversación en lingua catalá ás persoas que non dominan o idioma.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    10 de xaneiro de 2018

    O número de falantes nativos do crioulo de Macau ou "patuá macaense" non deixa de diminuír. Actualmente, apenas 50 persoas falan esta lingua que naceu da mestura do portugués, o cantonés e o malaio.

    Fonte: The Guardian

    10 de xaneiro de 2018

    O presidente de Casaquistán, Nursultan Nazarbayev, declarou nun discurso oficial que aprender ruso continúa sendo importante para a república centroasiática.

    Fonte: TASS

    10 de xaneiro de 2018

    A Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia pretende cambiar algunhas definicións vinculadas ás relacións familiares para adaptalas á realidade actual. Deste xeito, os académicos dispoñen dun mes para realizar suxestións e, se non hai obxeccións relevantes, o Dicionario de Euskaltzaindia recollerá os cambios inmediatamente.

    Fonte: eitb.eus

    10 de xaneiro de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en San Domingos de Bonaval no acto de homenaxe a Castelao con motivo do 68º aniversario do seu pasamento.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    10 de xaneiro de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais o alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, presentaron as bases da XXI edición do Premio de Poesía Concello de Carral, un galardón que promove a creación literaria en lingua galega e que apoia a Consellería de Cultura, por medio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    09 de xaneiro de 2018

    Unha empresa da Rexión Autónoma chinesa de Mongolia Interior acaba de crear un método de entrada que permitirá por primeira vez que os falantes de mongol poidan empregar a súa lingua en liña.

    Fonte: Xinhua Net

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder