Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de xaneiro de 2018

    Unha reunión do Consello de Cooperación Bibliotecaria serviu, entre outros aspectos, para facer balance do 2017, ano no que a plataforma para o préstamo de libro electrónico nas bibliotecas GaliciaLe sumou 128 novos títulos en galego ao seu catálogo.

    Fonte: Código Cero

    17 de xaneiro de 2018

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da nova aplicación móbil DezaTaboleiro, unha axenda cultural colaborativa que recolle a actualidade cultural das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes promovida pola empresa Odaiko coa colaboración da Consellería de Cultura.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    16 de xaneiro de 2018

    A UNESCO considera que é imprescindible tomar medidas para protexer a lingua asubiada que se fala no norte de Turquía xa que podería desaparecer pola irrupción das novas tecnoloxías.

    Fonte: Voa News

    16 de xaneiro de 2018

    A medida que a poboación sueca se fai máis diversa coa chegada de refuxiados e emigrantes, o interese dos seus cidadáns pola aprendizaxe da lingua árabe segue medrando, tal como o demostra o crecente número de cursos para aprendela que existen en centros de ensino de todo o país escandinavo.

    Fonte: Daily Sabah

    16 de xaneiro de 2018

    A edición de 2018 do Premio Nacional á Mellor Tradución aceptará recoñecer obras traducidas do castelán a outras linguas oficiais de España e viceversa. Isto será posible grazas a unha solicitude da Real Academia da Lingua Vasca, pois, en edicións anteriores, as bases do galardón non recollían a posibilidade de premiar traducións a outras linguas de obras escritas en castelán.

    Fonte: ABC

    16 de xaneiro de 2018

    A Real Academia da Lingua Vasca, Euskaltzaindia, solicitaralle maior flexibilidade ao Ministerio de Xustiza de España para rexistrar nomes en éuscaro, pois a actual lexislación do Rexistro Civil obriga a relacionar cada nome cun xénero concreto, mentres que o nomenclátor vasco ten as súas propias características en canto á distinción de xéneros, de xeito que algúns nomes poden designar tanto a nenos como a nenas.

    16 de xaneiro de 2018

    O programa de dinamización lingüística 'Nadal en Rede' pechou a que foi a súa sexta edición logo de levar o mellor lecer na nosa lingua a máis de 40 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de xaneiro de 2018

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta convocan unha nova edición do certame de declaracións de amor na rede Lingua de namorar, unha iniciativa que premiará por sexto ano a creatividade en lingua galega da xente nova.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    15 de xaneiro de 2018

    A ministra de Educación de Nova Zelandia, Nikki Kaye, declarou que o goberno publicará unha lei que fomentará a aprendizaxe dunha segunda lingua no ensino primario e no primeiro ciclo da educación secundaria.

    Fonte: NZ Herald

    15 de xaneiro de 2018

    Unha consultora que traballa a prol do desenvolvemento rexional publicou un estudo que recomenda que o inglés se converta en lingua oficial dos intercambios comerciais na cidade de Helsinqui xa que é actualmente a lingua franca en moitos establecementos do centro da capital.

    Fonte: Helsinki Times

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder