No acto de celebración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, que se celebra o sábado 28 de outubro, participarán veciñas e veciños da localidade e haberá unha actuación musical.
Fonte: Faro de Vigo
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
No acto de celebración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, que se celebra o sábado 28 de outubro, participarán veciñas e veciños da localidade e haberá unha actuación musical.
Fonte: Faro de Vigo
Segundo esta enquisa, o 36,8 % da poboación do arquipélago usa o catalán como lingua habitual, fronte ao 49,9 % que emprega o castelán e o 10,3 % que utiliza ambas.
Fonte: Última Hora
A Asociación Cultural Faceira intervirá no Parlamento Europeo para expoñer a grave situación social e legal da lingua leonesa, e denunciar a política da Junta de Castilla y León respecto a este idioma.
Fonte: León Noticias
Astérix en Italia é o título deste novo volume das aventuras do guerreiro galo que xa está nas librerías en paralelo ás súas versións en francés ou en castelán. Outras novidades editoriais de banda deseñada en galego están tamén chegando ás tendas.
Fonte: Cuturagalega.org
O Certame de Cinema OUFF Escola entregou os premios da súa VIII edición na cidade de Ourense, nunha gala que se celebrou no Auditorio Municipal e na que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais a secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O ministro singapurense Chan Chun Sing defendeu a importancia de aprender e dominar a lingua malaia, terceiro idioma oficial do país, xa que serve de ponte cultural entre a rexión e o resto do mundo.
Fonte: The Straits Times
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal presentou a iniciativa "Empresa Promotora da Lingua Portuguesa" co fin de fomentar o uso do portugués no estranxeiro por empresas multinacionais. Polo de agora, 11 empresas adheríronse ao programa.
Fonte: Sapo 24
O Goberno de Aragón entregou cinco premios literarios cos que busca normalizar as tres linguas que conviven na Comunidade: o castelán, o aragonés e o catalán. De feito, este ano recuperáronse dous premios relacionados coas linguas aragonesa e catalá.
Fonte: El Periódico de Aragón
Cumpríronse dez anos da aprobación da Lei 27/2007, de 23 de outubro, que concedeu recoñecemento legal ás linguas de signos españolas e que regula os medios de apoio á comunicación oral das persoas con discapacidades auditivas.
Fonte: EcoDiario.es
O colectivo Fala Ceibe pídelles colaboración ás administracións e aos partidos políticos de Galicia para protexer o galego na comarca do Bierzo e reivindica máis presenza desta lingua en institucións e medios de comunicación, así como que se recoñeza a súa cooficialidade.
Fonte: Galicia Confidencial
Subscríbase ao boletín