Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de novembro de 2017

    As mostras gañadoras do X Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas, 'Vedr@ medra, unha aposta polo patrimonio inmaterial como eixe de dinamización lingüística e cultural nun centro educativo do rural galego', do CPI Plurilingüe de Vedra (A Coruña) e 'Figuras de antonte e de onte. Figuras para o mañá', do IES da Pinguela de Monforte de Lemos (Lugo), abriron as súas portas no Museo do Pobo Galego.

    06 de novembro de 2017

    A Cámara de Comercio e mais o Concello de Santiago de Compostela convocan unha nova edición do Premio Manuel Beiras, que recoñece publicamente o compromiso coa normalización da lingua galega no ámbito empresarial.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    06 de novembro de 2017

    O Concello de Vila de Cruces rendeulle tributo a Xosé Neira Vilas no 89° aniversario do nacemento do escritor, falecido en 2015.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    06 de novembro de 2017

    Estas linguas que teñen ameazada a súa supervivencia por falta de protección son as seguintes: o aragonés, o catalán da Franxa, o asturleonés, a fala estremeña, o tamazigh, o árabe de Ceuta e o caló.

    Fonte: Público

    06 de novembro de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a nova versión ampliada do Corpus Documental do Galego Actual (CORGA 3.0), unha ferramenta lingüística en liña desenvolvida polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), e representativa do uso lingüístico do galego actual, que incorpora 36,8 millóns de palabras, das que 570 000 son formas diferentes.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    06 de novembro de 2017

    A organización Iniciativa pol Asturianu pide que o mandato-marco da Radiotelevisión do Principado (RTPA) recoñeza que unha das súas misións é a de contribuír á normalización social do asturiano.

    Fonte: La Vanguardia

    06 de novembro de 2017

    A Consellería de Cultura e Educación está a poñer en marcha unha serie de actividades relacionadas coa presenza en Galicia do Pergamiño Vindel, para facilitar o coñecemento deste manuscrito.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    03 de novembro de 2017

    O novo presidente do Instituto Camões, Luís Faro Ramos, pediulles a varios ministerios que asuman as áreas de cultura e lingua portuguesas como prioritarias.

    Fonte: Diário de Notícias

    03 de novembro de 2017

    O Consello de Libros Galeses (WBC, polas súas siglas en inglés) informou de que a novela en lingua galesa está atravesando unha época de expansión a pesar dos estudos que mostran unha baixada no número de vendas.

    Fonte: The Guardian

    03 de novembro de 2017

    Cada vez máis venezolanos deciden aprender a lingua de Camões en Venezuela. O ensino do portugués aumentou un 70% e xa existen 5000 persoas a estudalo en todo o país.

    Fonte: RTP Notícias

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder