O Departamento de Cultura e Política Lingüística do País Vasco prevé aumentar un 44% as axudas para estudar lingua vasca nos euskaltegis durante o 2018. Con isto, pretende que o ensino neste idioma ata o nivel B2 sexa de balde.
Fonte: eitb.eus
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Departamento de Cultura e Política Lingüística do País Vasco prevé aumentar un 44% as axudas para estudar lingua vasca nos euskaltegis durante o 2018. Con isto, pretende que o ensino neste idioma ata o nivel B2 sexa de balde.
Fonte: eitb.eus
O Concello de Zaragoza está a impulsar un plan de fomento do uso e coñecemento do aragonés, que conta con diversas actuacións. Entre elas, salienta a dobre rotulación dalgunhas rúas e a promoción do Día da Lingua Aragonesa.
Fonte: El Periódico de Aragón
Xosé Monteagudo coa novela en galego Todo canto fomos, Fernando Aramburu coa obra en castelán Patria e Ralf Rothmann coa narración en lingua estranxeira Morir en primavera fixéronse coa XXIII edición do Premio San Clemente, que convocan o IES Plurilingüe Rosalía de Castro e Abanca co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O grupo de investigación Griles coordina a elaboración do Corpus Anotado da Lingua de Signos Española, un traballo que dará a coñecer gran cantidade de mostras e exemplos de uso que contribuirán á descrición desta lingua.
Fonte: Universidade de Vigo
O programa MFL de linguas modernas recibiu un premio do Reino Unido polo seu labor á hora de concienciar o alumnado de ciclo medio de Gales na importancia de cursar linguas estranxeiras durante a secundaria.
Fonte: BBC
Diferentes mobilizacións demandaron na cidade de Kazán, na República rusa de Tatarstán, que a lingua tártara poida ensinarse obrigatoriamente nas escolas.
A cidade do Lérez acolle a exposición central das Letras Galegas 2017, "Os mundos de Carlos Casares", que foi presentada en rolda de prensa no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A XVIII Semana do Libro en Catalán de Mallorca, na que participaron nove librarías da illa, finalizou despois de catro días cuns resultados positivos, xa que se venderon 1500 libros e facturáronse 22 000 euros.
Fonte: Mallorcadiario.com
A Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña publicou o Informe de política lingüística 2016, que recolle información sobre os usos e o coñecemento da lingua catalá e de outras linguas de Cataluña, así como sobre o labor do Goberno catalán no eido lingüístico.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Xa son 30 os concellos participantes neste proxecto de socialización da infancia en galego, despois de sumarse sete novos recentemente aos 23 que xa o estaban a desenvolver.
Fonte: Galicia Confidencial
Subscríbase ao boletín