Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de agosto de 2017

    O Concello de Paterna abriu o prazo para presentarse á Distinción 9 de outubro ao Mérito Lingüístico, que se concede a persoas, entidades ou colectivos que tiveran un papel relevante no uso, promoción ou ensinanza da lingua valenciana.

    Fonte: Hortanoticias

    02 de agosto de 2017

    Un mozo bretón crea o sitio "J'apprends le québécois" para aprender a variedade francesa falada no Quebec en tan só 10 leccións.

    Fonte: Le Figaro

    02 de agosto de 2017

    O xornal en lingua inglesa The Buenos Aires Herald, fundado por un emigrante escocés en Arxentina en 1876, pecha despois de 140 anos de impresión.

    Fonte: Knight Center for Journalism in the Americas

    02 de agosto de 2017

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 11 de xullo de 2017 pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    02 de agosto de 2017

    A Deputación de Barcelona e o Departamento de Cultura, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, asinaron, en novembro de 2016, un acordo para impulsar o uso do catalán. Este convenio ofreceu 54 cursos de lingua catalá, 16 recursos lingüísticos e a tradución de cinco normas ISO/UNE.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    02 de agosto de 2017

    Xa está en funcionamento o Servizo de atención e asesoramento para inmigrantes de Navarra, que impulsou o Goberno navarro nos Servizos Sociais da Comunidade. O servizo facilitará a aprendizaxe das linguas oficiais de Navarra.

    Fonte: Navarra Información

    01 de agosto de 2017

    En virtude das recentes modificacións da lei de protección das linguas inuit no territorio canadense de Nunavut, os organismos públicos e as empresas privadas teñen agora a obriga de ofrecer os seus servizos nunha das dúas linguas inuit.

    Fonte: Radio Canada

    01 de agosto de 2017

    Un comité do Parlamento de Suráfrica recomendou alterar a constitución para incorporar un novo idioma oficial: a lingua de signos. Con este cambio, o país africano pasaría a ter 12 linguas oficiais.

    Fonte: BBC

    01 de agosto de 2017

    Un total de 780 rapaces e rapazas de estadía nos campamentos de verán de titularidade da Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Política Social, participaron ao longo deste mes no programa de dinamización lingüística O galego campa!

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    01 de agosto de 2017

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura da mostra Retratos documentados, de José Luis Abalo, e mais da presentación do catálogo expositivo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder