O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no Teatro Principal á gala de entrega de premios da II edición do Certame Ari(t)mar da Música Galego-Portuguesa.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no Teatro Principal á gala de entrega de premios da II edición do Certame Ari(t)mar da Música Galego-Portuguesa.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A campaña "Araban bai" desenvolverase ao longo do mes de novembro e con ela preténdese fomentar o uso do éuscaro nos comercios e bares do territorio.
Fonte: Noticias de Álava
A galega Uxía e o brasilego Sérgio Tannus achegaranlle nas aulas a charla-concerto 'A palabra cantada' ao alumnado de galego do Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, no marco das actividades do coñecido programa Galego en Londres.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Segundo un informe, a porcentaxe da poboación que sabía falar aragonés en 2001 era do 18,6 %, mentres que, unha década despois, en 2011, esa porcentaxe descendera ata o 5,6%.
Fonte: El Periódico de Aragón
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no Teatro Principal ao I Festival de Música Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A máis alta autoridade da lingua francesa en Francia, a Academia Francesa, rexeitou as propostas de converter o francés nunha lingua máis inclusiva desde o punto de vista do xénero. Segundo a institución, os cambios significarían un "ataque mortal" para a lingua.
Fonte: France 24
O Tribunal Constitucional de Moldavia aprobou o cambio de denominación da lingua oficial do país. A partir de agora, a constitución establece que o que antes se chamaba moldavo pasa agora a denominarse romanés.
Fonte: Balkan Insight
A undécima edición dos Premios Bacelos de Prata, convocados pola Asociación Álvaro das Casas, recoñece o labor da queixería Hoxe e da adega O Alborexar por apostar polo uso do galego como marca de calidade na etiquetaxe dos seus produtos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Dirección Xeral de Política Lingüística e o Consorcio pola Normalización Lingüística de Cataluña celebrarán dez obradoiros de dobraxe en lingua catalá, que terán lugar en dez localidades de Cataluña. Os obradoiros están dirixidos aos participantes no programa Voluntariado pola lingua e ao alumnado de catalán do Consorcio pola Normalización Lingüística.
A Consellería de Educación e Cultura da Comunidade Valenciana puxo en marcha un servizo de atención lingüística para o persoal funcionario, que busca resolver as súas dúbidas con relación ao uso da lingua valenciana coa cidadanía.
Fonte: Levante-EMV
Subscríbase ao boletín