O diplomático Luís Faro Ramos, actual embaixador portugués en Cuba, será o novo presidente do Instituto Camões despois da marcha da actual dirixente Ana Paula Laborinho.
Fonte: Público
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O diplomático Luís Faro Ramos, actual embaixador portugués en Cuba, será o novo presidente do Instituto Camões despois da marcha da actual dirixente Ana Paula Laborinho.
Fonte: Público
A cidade caboverdiana de Praia acolle un encontro internacional de escritores en lingua portuguesa. En total, case 30 persoeiros de diferentes ámbitos da cultura lusófona van estar presentes.
Fonte: Sapo 24
No acto de celebración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, que se celebra o sábado 28 de outubro, participarán veciñas e veciños da localidade e haberá unha actuación musical.
Fonte: Faro de Vigo
Segundo esta enquisa, o 36,8 % da poboación do arquipélago usa o catalán como lingua habitual, fronte ao 49,9 % que emprega o castelán e o 10,3 % que utiliza ambas.
Fonte: Última Hora
A Asociación Cultural Faceira intervirá no Parlamento Europeo para expoñer a grave situación social e legal da lingua leonesa, e denunciar a política da Junta de Castilla y León respecto a este idioma.
Fonte: León Noticias
Astérix en Italia é o título deste novo volume das aventuras do guerreiro galo que xa está nas librerías en paralelo ás súas versións en francés ou en castelán. Outras novidades editoriais de banda deseñada en galego están tamén chegando ás tendas.
Fonte: Cuturagalega.org
O Certame de Cinema OUFF Escola entregou os premios da súa VIII edición na cidade de Ourense, nunha gala que se celebrou no Auditorio Municipal e na que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais a secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O ministro singapurense Chan Chun Sing defendeu a importancia de aprender e dominar a lingua malaia, terceiro idioma oficial do país, xa que serve de ponte cultural entre a rexión e o resto do mundo.
Fonte: The Straits Times
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal presentou a iniciativa "Empresa Promotora da Lingua Portuguesa" co fin de fomentar o uso do portugués no estranxeiro por empresas multinacionais. Polo de agora, 11 empresas adheríronse ao programa.
Fonte: Sapo 24
O Goberno de Aragón entregou cinco premios literarios cos que busca normalizar as tres linguas que conviven na Comunidade: o castelán, o aragonés e o catalán. De feito, este ano recuperáronse dous premios relacionados coas linguas aragonesa e catalá.
Fonte: El Periódico de Aragón
Subscríbase ao boletín